Martes 28 Novembro 2023

Dous catedráticos da USC, premiados por deseñar un novo procedemento estatístico

A Sociedade de Estatística e Investigación Operativa e a Fundación BBVA galardóaos na categoría de Mellor Contribución Metodolóxica

Os catedráticos da Universidade de Santiago de Compostela (USC) Wenceslao González Manteiga e Manuel Febrero Bande veñen de ser galardoados na categoría de Mellor Contribución Metodolóxica ao campo da Estatística na edición correspondente ao 2020 no marco dos Premios de Estatística que outorga a Sociedade de Estatística e Investigación Operativa (SEIO) xunto coa Fundación BBVA. Ademais, González Manteiga recibiu a Medalla da Sociedade de Estatística e Investigación Operativa.

O premio recoñeceu o seu traballo Goodness-of-fit tests  for  the  functional  linear  model  based  on  randomly  projected  empirical  processes, publicado na revista The  Annals  of  Statistics e no que tamén tomaron parte Juan A. Cuesta Albertos e Eduardo García Portugués. A través deste traballo, os investigadores desenvolveron un novo procedemento estatístico para analizar se determinados modelos preditivos son os máis adecuados para aplicar cos datos dispoñibles e así evitar conclusións erróneas.

Ambos galardoados son profesores da USC e membros do Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga) e foron acompañados no acto de entrega polo vicerreitor de Investigación e Innovación da USC, Vicente Pérez Muñuzuri.

Con periodicidade anual e de ámbito estatal, estes galardóns recoñecen a orixinalidade, a innovación e a contribución aos campos da Estatística e a Investigación Operativa co dobre obxectivo de incentivar o traballo de investigación neses dous campos e a súa proxección á sociedade.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia e Portugal alíanse para promover a dieta atlántica

Un observatorio promocionará os seus beneficios para a saúde e o desenvolvemento económico sostible na eurorrexión

X = Gciencia

A decana da facultade de Matemáticas da USC, Elena Vázquez Cendón, escribe un tribuna polo décimo aniversario do noso medio

Unha ponte entre a cidadanía e a ciencia

O reitor da Universidade de Santiago felicita a Gciencia polo seu décimo aniversario

O catedrático da USC Carlos Diéguez ingresa na Academia de Ciencias

O investigador galego é un referente mundial no estudo da obesidade e publicou máis de 500 traballos en revistas internacionais