Xoves 30 Novembro 2023

Santiago sitúase entre as 400 mellores universidades do mundo

De entre as mil universidades máis importantes do mundo, a de Santiago ascende ao posto 393, segundo os datos do Center for World University Rankings (CWUR), que acaba de facer público a actualización do seu ránking. Esta posición sitúa a USC como a oitava máis importante de España no grupo que lidera a Universidade de Barcelona e á que lle segue a Autónoma de Barcelona, Complutense, Valencia, Autónoma de Madrid, Navarra e Pompeu Fabra.

Entre as universidades galegas, a de Vigo sitúase no posto 692 do mundo, mentres que A Coruña cae a piques de quedar fóra da clasificación, porque está no posto 992.

O CWUR preséntase como o “único ránking universitario mundial que mide a calidade da educación e a formación do estudantado, así como o prestixio do seu persoal docente e investigador e a calidade das súas investigacións, sen depender de enquisas e a presentación de datos da Universidade”.

[box size=”large”]Patentes, calidade docente e impacto de publicacións son as fortalezas da USC[/box]

Para a súa elaboración CWUR utiliza “oito indicadores obxectivos e robustos”, como son calidade da educación (25%), empregabilidade de ex alumnado (25%), calidade docente(25%), publicacións (5%), influencia (5%), citacións (5%), impacto (5%) e patentes (5%). Así, tómase en consideración o número de alumnado universitario e de docentes ou investigadores que teñen gañado algún premio ou recoñecemento internacional; o ex alumnado que ocupa posicións como CEO en compañías internacionais destacadas; o número artigos de investigación en xornais de alto impacto e os máis citados; o índice h correspondente á cada universidades ou o número de solicitudes de patente internacional.

Os aspectos nos que a USC acada mellor valoración son os de solicitudes de patentes, calidade docente, impacto investigador, publicacións ou calidade da educación. O valor cuantitativo atribuído a cada institución é de 45,37 no caso da USC, semellante ao da Universidade Pompeu Fabra e moi preto de Navarra (45.85).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Os bioplásticos e polímeros sintéticos teñen realmente capacidade de biodegradación?

O proxecto Polbio nace para determinar se este proceso pode ter algún efecto tóxico en ambientes terrestres e acuáticos

Un método estatístico permite detectar por primeira vez que liñaxes celulares evolucionan máis rápido

O estudo, no que colabora a Universidade de Vigo, axudaría a identificar mutacións con incidencia en enfermidades como o cancro

A UDC coordina o primeiro sensor automático en detectar zoonoses a escala mundial

O proxecto está liderado polo grupo do investigador Alejandro Criado. Chámase FLUFET e identifica un amplo espectro de obxectivos virais

“O ingreso de mulleres nas carreiras de enxeñería está en declive”

Soledad Torres Guijarro, profesora na UVigo, investiga na actualidade a contaminación acústica nos ecosistemas submarinos e como reducila