Martes 28 Novembro 2023

A USC encabeza en España a produción científica en Matemáticas e Computación

A edición 2016 do ránking Leiden posiciona a USC no posto 360 de entre 842 universidades de 53 países diferentes ordenadas polo seu volume de publicacións científicas. De entre as de Europa atópase na posición 133 e é a décimo segunda das españolas, sempre atendendo ao número de publicacións producidas entre 2011 e 2015. Para o reconto, o ránking toma en consideración as publicacións rexistradas en Web of Science.

Ademais da valoración xeral, o de Leiden inclúe clasificacións específicas en Ciencias Biomédicas e Saúde, Ciencias da Terra e da Vida, Ciencias Física e Enxeñaría, Ciencias Sociais e Humanidades e Matemáticas e Ciencias da Computación. Xustamente neste último campo é onde a USC acada os seus mellores resultados: primeira das españolas, oitava de Europa e vixésimo oitava do mundo ao tomar en consideración a proporción de publicacións que, en comparación con outras no mesmo campo e ano, pertencen ao 1% das máis frecuentemente citadas. Tomando en consideración o total das publicacións neste ámbito, a USC sitúase quinta de España, 43ª de Europa e 149ª do mundo.

[box size=”large”]No eido da Computación, a USC acada a 1ª posición española, a 8ª europea e a 28ª mundial[/box]

A USC tamén se posiciona a quinta de entre todas as españolas pola súa produción científica en Ciencias da Terra e da Vida, no posto 51 de entre as europeas e no 152 no conxunto das 842 que se recollen nesta clasificación. Tamén se alcanzan posicións destacadas polo produción científica en Ciencias Biomédicas e Saúde, sétima de España, e na posición 157 de España e 406 do total.

No campo das Ciencias Físicas e Enxeñaría, Santiago é a décima de España pola número de publicacións entre o 1% das máis citadas e na posición 117ª de entre as universidades europeas polo total da súa produción científica, así como 344 a nivel mundial. Polo que respecta ás Ciencias Sociais e Humanidades a investigación realizada na USC ascende á posición décimo segunda de España e á 140ª de Europa pola proporción de publicacións que, en comparación con outras no mesmo campo e ano, pertencen ao 1% das máis frecuentemente citadas. Finalmente, polo total da produción neste eido, a USC sitúase no posto 434 a nivel global.

Para a selección final de universidades, valoráronse aquelas cun mínimo de 1.000 publicacións indexadas en Web of Science entre 2011 e 2014. Ademais, unicamente computáronse publicacións en revistas científicas internacionais e, dentro destas, os artigos de investigación e de revisión.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

X = Gciencia

A decana da facultade de Matemáticas da USC, Elena Vázquez Cendón, escribe un tribuna polo décimo aniversario do noso medio

Unha ponte entre a cidadanía e a ciencia

O reitor da Universidade de Santiago felicita a Gciencia polo seu décimo aniversario

O catedrático da USC Carlos Diéguez ingresa na Academia de Ciencias

O investigador galego é un referente mundial no estudo da obesidade e publicou máis de 500 traballos en revistas internacionais

As auroras boreais veranse en Galicia nos vindeiros meses

Rexistráronse tres episodios en apenas sete meses, mais as condicións atmosféricas impediron gozar do espectáculo