Xoves 30 Novembro 2023

Ultrasóns fronte ó cancro

A enxeñeira Silvia Espinosa, no campus do MIT.
A enxeñeira Silvia Espinosa, no campus do MIT.

Só ten 24 anos e xa leva varios de estudio dedicada a un proxecto para mellorar a calidade de vida dos pacientes de cancro cunha máquina de ultrasóns que incrementa a eficiencia na aplicación da quimioterapia, o tratamento antineoplásico máis común para combatilo.

Silvia Espinosa Gútiez (Madrid, 1989) traballa coa convicción de que os ultrasóns que se empregan nas ecografías tamén poden ser “un método moi prometedor” nos tratamentos médicos para gañarlle a partida ao cancro.

A súa investigación, “Deseño dunha máquina de ultrasóns para aumentar a eficiencia da quimioterapia” venlle de valer o reputado premio de investigación ‘Enxeñeiro Comerma‘ que outorgan, cada dous anos e de xeito conxunto, o concello de Ferrol e a Universidade da Coruña para distinguir ós mellores traballos no eido da mecánica industrial.

Desde Boston, onde cursa o doutorado no prestixioso MIT (Massachusetts Institute of Technology) cunha bolsa de La Caixa,  Silvia explica que xa existen máquinas que aplican ultrasóns sobre tumores localizados. A súa investigación vai enfocada a probar que se pode facer extensible esta mesma tecnoloxía aos casos mais complexos, desde o punto de vista médico, nos que o tumor xa está expandido polo corpo.

Neste senso, apunta que a idea do seu deseño se fundamenta nun método físico e matemático baseado na mécanica de fluidos a escala atómica “tan innovador como exitoso”. Proba que os ultrasóns “amplían temporalmente a capacidade de absorción celular dos medicamentos” co que se acadaría un dobre obxetivo: os fármacos son máis efectivos e disminúen os efectos secundarios da quimio, que o que fai é destruir as células malignas pero tamén as que non están afectadas.

Espinosa, que comenzou a centrarse no cancro -causa da morte dunha de cada catro personas na UE- tras perder a súa avóa Araceli, agradece de corazón o recoñecemento que lle chega desde a Universidade da Coruña (UDC), que leva aparellado unha achega de 12.000 euros.

O deseño desta máquina de ultrasóns foi o desafío que se prantexou como proxecto fin de carreira na Universidad Politécnica de Madrid (UPM) onde cursou os estudos de Enxeñería Industrial na especialidade de Técnicas Enerxéticas. A pesar de ser moi noviña, o seu currículo investigador suma distintas colaboracións co CIEMAT (Centro de Investigaciones Energéticas, Medioambientales y Tecnológicas) do Ministerio de Economía y Competividad, e un posgrao en Dinámica de Fluidos Computacionais na facultade británica de Cranfield.

Premios con 24 anos

No seu olimpo doméstico, Silvia Espinosa atesoura unha longa colección de medallas e recoñecementos ao mérito académico e dous premios máis polo mellor proxecto de fin de carreira de ‘Inxenería en Positivo Fluor’, e o da ‘Fundación para o Fomento da Innovación Industrial’.

Este novembro sumou o terceiro: ‘Enxeñeiro Comerma‘, que lle debe o nome o ferrolán Andrés Comerma, que en 1879 que ideou o dique da Campá do Arsenal Militar. Durante décadas, foi considerado a mellor obra de enxeñería hidráulica do século XIX. Comerma serviuse da propia forza da marea na súa construción e empregou como peóns de obra a 200 mulleres que cargaron nas cabezas con 245.000 metros cúbicos de terra e pedras.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Soengas: “Temos que facer pedagoxía coas novas xeracións porque ven un lado bastante negativo da ciencia”

A bióloga molecular analiza os retos que afronta a investigación oncolóxica en Galicia

José Tubío: “Os científicos deberían saír á rúa como antes facían os predicadores”

O investigador aposta por crear departamentos de divulgación científica, converter a España nun país sen fume e priorizar o cambio climático polo seu impacto na saúde

Funcionan os novos fármacos para deixar de fumar? “Se non cambias a conduta, a posibilidade de recaída é alta”

Mónica Pérez Ríos, investigadora da USC, explica que estes medicamentos teñen unha pauta de consumo de 25 días

Os ultrasóns poden deter o crecemento de tumores

Un experimento consegue paralizar os movementos celulares aplicando ondas ultrasónicas de baixa intensidade, unha tecnoloxía non invasiva