Xoves 30 Novembro 2023

A catedrática da USC María José Alonso, Premio á Excelencia Científica

A investigadora do Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS) e catedrática de Biofarmacéutica acumula 35 galardóns

O III Premio Honorífico á Excelencia na Traxectoria Científica, co que se recoñece a carreira de científicos que contribuíron á xeración de coñecemento e avances na súa especialidade e concedido pola Fundación AstraZeneca recaeu en María José Alonso, catedrática do Departamento de Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica da USC. O galardón premia a súa traxectoria como investigadora no ámbito da biofarmacia. Alonso lidera dende hai máis de trinta anos un grupo de investigación pioneiro en España no ámbito da  nanomedicina e nos sistemas de liberación de fármacos e vacinas. A profesora da USC recibiu a contía de 5.000 euros para doar á institución española e proxecto de investigación que ela elixa.

Traxectoria

María José Alonso, investigadora no Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS), é catedrática de Biofarmacéutica e Tecnoloxía Farmacéutica na USC, onde entre os anos 2006 a 2010 foi Vicerreitora de Investigación e Innovación. Traballou como científica visitante na Universidade de Paris XI, (1986-87), na Universidade de  Angers, Francia (1989) e no  MIT, Estados Unidos, durante 1991-1992 e en 2012.

O seu laboratorio ten tres décadas de experiencia na formulación de  macromoléculas, é dicir, péptidos, proteínas, antíxenos, anticorpos monoclonais e polinucleótidos, utilizando sistemas de administración baseados en  polímeros, alén de ser pioneira en numerosos descubrimentos no campo da nanotecnoloxía farmacéutica e a  nanomedicina. María  J. Alonso coordinou varios consorcios de investigación financiados pola OMS, a Fundación Gates e a Comisión Europea. É a autora máis citada en España na área de Farmacia e Farmacoloxía e estivo entre os  TOP TEN en Farmacoloxía (clasificación internacional Times Higher  Education, 2010) (Índice  H 96). Recentemente, pasou a formar parte da Power  List dos investigadores máis influentes no campo da  Biofarmacia (The  Medicine  Maker, 2020).

María José Alonso, recibindo o galardón.

A profesora Alonso é, asemade, inventora de 22 familias de patentes, a maioría delas con licenza para a industria e é parte de dúas start-up. Traballou na  Controlled Release  Society (CRS), a sociedade científica líder a nivel mundial na área da liberación controlada de fármacos e a nanomedicina, durante quince anos; e foi presidenta da  da mesma entre 2017 e 2019. Tamén é editora en xefe de  Drug  Delivery and  Translational  Research, unha revista oficial da CRS, alén de formar parte do consello editorial de doce revistas científicas.

Recibiu 36 premios, entre eles a Medalla á Excelencia en Investigación e Educación outorgada polo Goberno de España, o Premio Jaime I, a Medalla Castelao que concede a Xunta de Galicia, e outros premios outorgados por organismos e fundacións científicas. É membro do  College  of  Fellows do American  Institute  for  Medical  and  Biological  Engineering (AIMBE) e  Fellow da Controlled  Release Society, membro de dúas academias en Galicia, a Real Academia de Farmacia de España (RANF), membro da Real Academia de Medicina de Bélxica e tamén membro da Academia Nacional de Medicina de EE. UU. (NAM). Recentemente, María José Alonso ingresou na Academia Nacional de Medicina de Bélxica.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

José Tubío: “Os científicos deberían saír á rúa como antes facían os predicadores”

O investigador aposta por crear departamentos de divulgación científica, converter a España nun país sen fume e priorizar o cambio climático polo seu impacto na saúde

Pontevedra ensaia fármacos prometededores contra doenzas hepáticas: esta é a innovadora tecnoloxía que hai detrás

Pacientes con hepatite B e fígado graxo proban tratamentos baseados no ARN de interferencia, unha das terapias máis esperanzadoras

O catedrático da USC Carlos Diéguez ingresa na Academia de Ciencias

O investigador galego é un referente mundial no estudo da obesidade e publicou máis de 500 traballos en revistas internacionais

Científicos galegos buscan biomarcadores para a detección precoz do párkinson

Un foro reúne en Santiago a centros de investigación e asociacións para abordar os avances no estudo das enfermidades neurodexenerativas