Xoves 30 Novembro 2023

Investigar, divulgar

foto Juan Fernando Castro avatar bnNeste ano o Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo cumpre o seu 125 aniversario. Esta veterana institución naceu no ano 1888 nas aforas da cidade da Coruña, co nome de  Granxa Agrícola Experimental de Monelos. Foi unha iniciativa de carácter público, impulsada por unha clase dirixente ilustrada, que creia na capacidade dos labregos e da agricultura galega como actividade estratéxica para a economía de Galicia.

A difusion e a transferencia de coñecementos foi unha labor constante xa desde os comenzos. Así, en 1900 se publica o primeiro boletín agrario, e se establece un consultorio mediante unha fluida correspondecia cos agricultores; por outra banda, os concursos de gando, a cátedra ambulante, que se desprazaba as vilas nos días de feira para comunicar as innovacions, as fincas experimentais, as charlas, as publicacions en revistas e artigos en prensa, etcétera, foron o xeito de difusion das innovacions naquela época. Nesta longa historia, mención aparte merece o traballo de divulgacion dos técnicos dos organismos hoxe desparecidos de extensión agraria e da Agencia Ganadera .

Xa nos últimos tempos, sobresae, pola súa calidade o traballo de divulgacion dos programas Labranza e o Agro, realizados mediante un convenio entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e RTVG, que transfiren con profesionalidade e rigor técnico as innovacións ao campo, con importante éxito de audiencia.

Hoxe en día Internet é unha ferrmenta xa imprescindible para o acceso a información que permite democratizar o coñecemento e que ten aun moitas posibilidades por descubrir. Ahí estan as redes sociais, os blogs… En calquera caso, debe prevalecer sempre a seriedade e rigor dos contidos, a profesionalidade e coidado do traballo.

Os resultados do traballo “innovador” de moitas xeracions de labregos galegos, se conserva como un verdadeiro tesouro, nos bancos de xermoplasma do CIAM, gracias aos coidados de varias xeracións de investigadores .

Nestes tempos de recortes nos servicios públicos, faise imprescindible dar a coñecer a sociedade a importancia e a necesidade do traballo de investigación, como trata de facer este medio que nace. Se non sementamos hoxe non pode haber brotes verdes nin colleita, como non pode haber sementeira sen investigadores que coiden esas sementes para o futuro .

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Describen como a información sensorial se transmite entre os hemisferios do cerebro

Detallan por primeira vez o "efecto espello" que permite aos dous lados procesar os datos dos sentidos de forma continua e actuar como un só

Un equipo identifica na ría de Vigo patóxenos cun impacto “crucial” para a acuicultura e a biodiversidade mariña

Os investigadores atoparon bacterias, organismos eucariotas, especies invasoras e os cambios estacionais de abundancia

Galicia ante o cumio do clima: “Non somos unha excepción, haberá impactos importantes”

Xavier Labandeira, colaborador do Grupo Intergobernamental sobre Cambio Climático, reflexiona sobre a crise actual e as medidas que podemos asumir para reverter esta situación

Dimite o director de Investigacións Mariñas: “A prioridade era a nova sede. Agora é momento de volver á investigación”

Francisco Saborido dá un paso atrás para centrarse na coordinación do Programa Ciencias Mariñas de Galicia