Xoves 30 Novembro 2023

Os europeos cren que as mulleres son menos válidas para a ciencia

Ás mulleres fáltalles interese, perseveranza ou mesmo espírito racional e sentido práctico. Cando aos europeos se lles pregunta pola capacidade das mulleres para afrontar postos de alto nivel en ámbitos científicos alegan que a delas é menor que a deles por carencias como as enunciadas. Dío un 67% dos participantes nunha enquisa encargada pola Fundación L’Oréal en cinco países do continente –Francia, España, Alemaña, Reino Unido e Italia. Na consulta participaron 5.032 persoas,  tanto homes coma mulleres.

O 67% dos europeos cre que elas teñen menos capacidade para postos científicos de alto nivel
O 67% dos europeos cre que elas teñen menos capacidade para postos científicos de alto nivel

As conclusións do estudo revelan, ademais, que poucos cidadáns europeos son capaces de nomear mulleres científicas autoras de avances relevantes. Por poñer un caso, o informe preparado polo instituto de opinión Opinion Way constata que o 71% dos consultados nomea a homes ao ser preguntado por tres científicos vinculados a grandes descubrimentos. O 77% cre que foi un varón o que descubriu que as estrelas están compostas nun 98% por helio e hidróxeno –foi a astrónoma británica Cecilia Payne-Gaposchkin.
[box size=”large”]O 84% atopa indignante a baixa presenza de científicas entre os Nobel[/box]
As respostas dos enquisados amosan que, malia a opinión de que elas son menos válidas que os homes para a ciencia, aínda así se sobreestima a presenza de mulleres científicas en postos de alto nivel, máis baixa na realidade que no parecer dos cidadáns. Por exemplo, crese que o 36% dos doctorandos en ciencias no mundo son mulleres cando os datos aportados por BCG din que estas non superan o 28%.
Estereotipos tenaces que deixan pouco espazo ás mulleres na ciencia de alto nivel contrastan, porén, coa opinión dun 84% dos interrogados, que pensa que a paridade nestas postos é unha causa que merece a mobilización. Tamén un 66% dos participantes no estudo atopa indignante que só un 3% dos premios Nobel do eido científico fose parar a mans de mulleres dende a súa creación.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

José Tubío: “Os científicos deberían saír á rúa como antes facían os predicadores”

O investigador aposta por crear departamentos de divulgación científica, converter a España nun país sen fume e priorizar o cambio climático polo seu impacto na saúde

Os retos do coñecemento

Artigo do reitor da Universidade de Vigo con motivo do décimo aniversario de Gciencia

Para que divulgar ciencia e, ademais, en galego?

Nunha charla sobre a mina de ouro de Corcoesto decateime de que a mellor maneira de chegar ao público era a través do exemplo

Boas novas para a ciencia galega

O nacemento de Gciencia hai 10 anos, unha iniciativa novidosa, ambiciosa,...