Martes 28 Novembro 2023

Cantas horas de sol hai no teu concello? Descúbreo aquí

A aplicación ShadeMap permite saber os minutos de sol directo por día e é útil de cara ao verán, dado que sinala os sitios con máis sombra

Cal é o concello máis solleiro de Galicia? Cal é a rúa da túa cidade que recibe máis luz solar? Remátase o debate porque a resposta non só é sinxela, tamén é doada de atopar. Grazas á aplicación ShadeMap calquera pode comprobar o número de horas de sol anuais sobre un punto concreto do mapa. De feito, funciona de maneira semellante ao Google Maps: desprázaste sobre unhas coordenadas e, automaticamente, xérase un resultado. Ademais, a aplicación permite descargar un documento no que se detallan os minutos de sol directo por día.

No que respecta a Galicia, os resultados son fáciles de comprobar. Se unha se sitúa en plena Praza do Obradoiro, diante da catedral de Santiago, comprobará que hai 125 días, 15 horas e 5 minutos de sol ao ano. Unha cifra que diminúe considerablemente na Porta do Sol de Vigo, con tan só 95 días, 20 horas e 4 minutos de sol. De todas formas, as cifras varían dun punto a outro da cidade. No alto do Monte do Castro, na fortaleza, o número ascende a 183 días, 20 horas e 43 minutos de sol. Unha cifra moi semellante á da Torre de Hércules, na Coruña, con mesmo número de días de sol que o Monte do Castro. Pero se unha se despraza, por exemplo, ao estadio de Riazor, a cifra descende a 114 días, 14 horas e 9 minutos.

Á dereita, a Praza do Obradoiro. Á esquerda, diagrama co número de horas de sol anuais nese punto.

O deseñador web Ted Piotrowski está detrás de ShadeMap. Segundo el mesmo explica, a idea de crear esta aplicación xurdiu mentres paseaba pola montaña. “Notei que o terreo cambiaba drasticamente a cantidade de luz solar ao longo do camiño. Pregunteime se era posible simular este efecto nun mapa”, sinala na súa presentación en Github. O seu obxectivo é que os usuarios de ShadeMap poidan atopar sombra en calquera lugar e en calquera momento. Unha ferramenta de gran utilidade de cara ao verán para facerlle fronte da mellor maneira posible ás horas de máis calor, dado que tamén permite coñecer a evolución do sol e a sombra ao longo do día.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia rexistra un dos tres xaneiros máis solleiros en 40 anos

O primeiro mes do ano iguala a 1989 e 1992, que se sitúan á cabeza dos períodos con máis horas de sol das últimas décadas

Por Santa Lucía, mingua a noite e medran… as tardes

Os seráns fanse máis tardíos a partir desta semana, pero haberá que esperar a finais de xaneiro para que comece a amencer máis cedo

Confirmado: xa se lle empeza a notar aos días

Esta semana comezan a medrar as tardes, aínda que o Sol seguirá retrasando a súa saída pola mañá ata comezos de xaneiro

O mapa do sol en Galicia: 600 horas máis no sur ca no norte

O xeógrafo Dominic Royé elaborou un mapa cos datos de 2017 que amosa as diferenzas entre as diferentes zonas do país