Xoves 30 Novembro 2023

Pódcast | O teu móbil escóitate? Estas son as tecnoloxías que hai detrás dos teus dispositivos

O investigador de atlanTTic Juan José López Escobar analiza a importancia da Internet das Cousas (IoT) na vida cotiá

Seguro que non é a primeira vez que despois de manter unha conversación cos teus amigos, familiares ou compañeiros de traballo, as túas redes sociais énchense de anuncios daquilo do que falaches. Dá igual que sexan viaxes, mobles ou gastronomía. Aínda que isto suscita certa inquedanza nos usuarios, o investigador de atlanTTic Juan José López Escobar di que non hai motivo para asustarse. Ao usar redes sociais e aplicacións estamos cedendo unha boa parte dos nosos datos, polo que é de aí de onde sacan a información. Todo isto funciona ao abeiro da Internet das Cousas (IoT, polas súas siglas en inglés), un proceso mediante o que os dispositivos de uso cotiá se conectan á rede para transferir datos.

Analizamos este concepto en profundidade en O teu móbil escóitate? Estas son as tecnoloxías que hai detrás dos teus dispositivos, un novo episodio de pódcast de GCiencia en colaboración con atlanTTic, o Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación da Universidade de Vigo. Da man de López Escobar, analizaremos os riscos e beneficios da IoT, como debemos protexernos como usuarios ante os perigos da rede pero tamén como este proceso de conectividade entre dispositivos mellorar a nosa vida e, probablemente, a seguirá mellorando de cara ao futuro.


Episodio realizado por Laura Filloy

Edición: Carlos Tresandí


Escóitao nas plataformas de pódcast: SpreakerSpotifyIvooxiHeartDeezerPodcast AddictJioSaavn e Podchaser.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Lugo é a provincia do Estado con máis persoas obesas

Varios estudos revelan que Galicia é a segunda comunidade con máis prevalencia de sobrepeso entre a poboación adulta

Descubertos seis exoplanetas que ‘bailan’ de forma sincronizada arredor da súa estrela

Os planetas posúen unha configuración que apenas cambiou desde hai máis de mil millóns de anos

As plantacións de chopo densas de quenda curta teñen alta produtividade de biomasa

A tese de doutoramento desenvolvida na USC mellora as predicións para obter unha bioeconomía baixa en carbono

O desperdicio alimentario, un buraco negro na busca dunha economía circular sostible

Adaptar o consumo ás nosas necesidades e cociñar a nosa propia comida son algúns dos consellos par reducir os refugallos