Xoves 30 Novembro 2023

Campaña para que Apple inclúa o idioma galego

Manuel Caeiro, profesor de Telecomunicacións.
Manuel Caeiro, profesor de Telecomunicacións.

Puxéronse mans á obra a principios de decembro co obxectivo de conseguir que Apple inclúa o galego nas súas opcións de idioma e cada vez son máis os que se están a unir á campaña Queremos Apple Galego!, unha iniciativa dunha plataforma na que participan cidadáns diversos e que, dende a Universidade de Vigo, están a impulsar o profesor da ETSE de Telecomunicación e coordinador de TelGalicia, Manuel Caeiro, e o alumno de Enxeñaría Industrial e responsable nacional dos Comités, Brais Fortes. “Eu persoalmente quero Apple en galego porque quero poder desenvolverme co meu ordenador ou coa miña tableta no meu idioma e porque quero que nas aulas nas que se empregan estes dispositivos o alumnado poida traballar e aprender na nosa lingua”, subliña Fortes, que fai fincapé en se uniu á iniciativa “desde o mesmo día en que saíu á luz”.
Segundo destacan os impulsores, polo momento a compañía xa incluíu o galego como idioma adicional na última actualización do seu programa OS X Yosemite e iOS 8, respectivamente, “o que posibilita facer aplicacións en galego nesta plataforma”, explica Caeiro, quen lembra que o galego ten unha presenza moi activa nas redes sociais e no 2009 foi a 20ª lingua de uso en Twitter, moi por enriba do seu peso poboacional. “É moi importante que as novas xeracións vexan que o galego se emprega en todos os ámbitos da vida, tamén nas novas tecnoloxías”, recalcou o docente.
[box size=”large”]A campaña ‘Mallando no Android’ xa logrou que Google sumase a lingua galega[/box]
A existencia de predecesores que conseguiron o seu obxectivo á hora de traducir dispositivos ou aplicacións lévaos a estar convencidos de que no caso da famosa compañía da mazá isto tamén é viable.Recordan, por exemplo,a campaña Mallando no Android, impulsada por outro ex-alumno da Universidade, Iago Varela, que esixía a Google que incorporase a lingua galega a Android, o que finalmente se conseguiu co Android 5.0 hai apenas uns meses; ou #EuEnGalego que a mediados de decembro se facía un oco nos Trending Topics estatais.
“Nós queremos animar a todos os usuarios de IPads e IPhones a elixir o idioma galego para os seus trebellos, é o noso particular xeito de dicirlle a Apple que o galego se utiliza e que deben contar con nós”, subliña Caeiro, ao que Fortes engade que quizais as estatísticas do Instituto Galego de Estatística non sexan demasiado favorables para a lingua galega “e nisto tamén inflúe o idioma dos nosos dispositivos, dos medios de comunicación, de todo o que vemos día a día”, recalca Fortes.
[box size=”large”]Os impulsores da iniciativa subliñan que o galego está moi vivo nas novas tecnoloxías[/box]
Dende á súa web os impulsores da iniciativa destacan a importancia da lingua galega e subliñan que, malia súa complicada situación sociolingüística, o galego é un idioma especialmente vivo no campo das novas tecnoloxías, non só pola súa importante presenza como lingua de uso nas redes sociais senón tamén pola existencia de potentes grupos de tradutores de software, especialmente software libre, e de moi activos desenvolvedores de aplicacións do máis diversas.
“O galego é unha lingua máis, unha lingua dun pobo que serve para investigar, para xogar, para cantar, para fedellar nos nosos dispositivos electrónicos ou para o que se nos antolle”, subliña o responsable dos Comités, ao que engade que “o galego non ten barreiras nin fronteiras”. De momento para conseguir que esta campaña chegue a bo porto, animan a todos os interesados a visitar a súa web www.queremosapplegalego.me.

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Máis xornalismo e máis divulgación

Editorial de Gciencia polo seu décimo aniversario

Altofalantes da lingua e da ciencia

Estimados colegas e amigos de Gciencia: Antes de nada, gustaríame darvos os...

A importancia de divulgar ciencia en galego

"Os xornais dedicados á divulgación, como GCiencia, permiten que moitos coñecementos sexan rigorosamente contrastados e alcanzables ao público"

Para que divulgar ciencia e, ademais, en galego?

Nunha charla sobre a mina de ouro de Corcoesto decateime de que a mellor maneira de chegar ao público era a través do exemplo