Sila Games, plataforma galega de distribución de xogos en liña, vén de obter o Premio Novo Empresario que concede a asociación AJE-Vigo. Sila Games, con sede en Vigo, é unha plataforma comercial con clientes en Estados Unidos, Canadá, Alemaña, Corea do Sur, Taiwán ou Australia. De feito, lembra AJE-Vigo, o 98% das súas vendas sitúanse fóra do mercado estatal.
Ademais, engade a asociación, Sila Games foi que de superar xa, por volume de usuarios, á meirande empresa de distribución de xogos dixitais en España e compite na actualidade con empresas do panorama internacional. Sila Games dispón dun catálogo de máis de 1.800 xogos para PC dalgúns dos maiores desenvolvedores do panorama internacional. A empresa foi posta en marcha por Francisco Javier Mosquera, que recolleu onte o devandito premio de mans do conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde.
Premio para a plataforma galega de videoxogos Sila Games
