Xoves 30 Novembro 2023

Enxeñeiros galegos crean a máquina de ximnasia máis pequena do mundo

Froito do traballo conxunto desenvolvido polos docentes e investigadores da Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo Ana Mejías e Enrique Paz, xunto aos investigadores da empresa Micaton Ergonomics S.L, hoxe presentouse, nun acto celebrado no Círculo de Empresarios de Galicia, Handy Gym, a máquina de adestramento e ximnasia máis pequena do mundo. Cun peso inferior a un quilogramo, Handy Gym baséase en tecnoloxía inercial que potencia o adestramento nos seus dous ciclos: forza concéntrica e excéntrica, que combinadas son empregadas polas e polos profesionais do deporte para potenciar os resultados en tonificación e musculación.

A alpinista Chus Lago e o responsable de Micaton, Manuel Montes, na presentación de Handy Gym. Foto: Duvi.

Os promotores da máquina de adestramento destacaron na presentación o sinxelo do seu uso, que permite a práctica da ximnasia deportiva en calquera lugar e en calquera momento, e con tres niveis de dificultade: amarelo, para recuperación muscular e principiantes; azul, para practicantes esporádicos e vermello para amateurs avanzados e profesionais. “Nun primeiro momento buscouse unha ferramenta que facilitase a forma de acceder ao deporte a persoas con problemas de mobilidade ou motricidade, pero atopámonos cun dispositivo moi avanzado tecnoloxicamente de uso máis globalizado”, explicou Manuel Montes, CEO de Micaton Ergonomics S.L e coinventor de Handy Gym, que conta coa concelleira e alpinista Chus Lago como embaixadora.

Tras desenvolver no ano 2014 un desaparafusador baseado nun anel de goma que, incorporando un imán, facilita o xeito de aparafusar, en 2018 Micaton Ergonomics S.L. creou unha unidade de negocio, Taktus, que pechou un acordo de colaboración coa Oficina de Transferencia de Resultados de Investigación da Universidade de Vigo, Otri, para o deseño de Handy Gym. Finalizada a parte tecnolóxica, coa colaboración dos enxeñeiros Ana Mejías e Enrique Paz da Universidade de Vigo e dos seus homólogos de Micatón, o adestrador e propietario do centro Coliseum, Marcos Chantada, sumouse ao proxecto para achegar á ferramenta deseñada a calquera persoa que practique deporte.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Cal é a mellor opción para facer ‘cardio’ na casa?

Se estás pensando en mercar un aparello para adestrar pola túa conta, aquí tes os pros e contras das principais alternativas

CESGA e Fujitsu crean un centro en Galicia para desenvolver e impulsar a tecnoloxía cuántica

O obxectivo é promover a investigación neste campo e atraer investimento para abordar os retos que afronta a sociedade actual

“Facer ‘sentadillas’ reduce máis a mortalidade que saír pasear”

Raquel Blasco Redondo, experta en medicina deportiva, insiste en que fortalecer os músculos é o que mellora a supervivencia

Exercicio na casa sen metas milagreiras

Facer deporte no fogar pode ser boa idea para manter a forma, pero é preciso ter coidado cos resultados extraordinarios que prometen as redes sociais