Xoves 30 Novembro 2023

Nanopartículas para detectar a cocaína

O grupo de investigación de Elementos Traza, Espectroscopía e Especiación (GETEE) da Universidade de Santiago de Compostela, deseñou e sintetizou un tipo de nanopartículas fluorescentes non tóxicas (quantun dots de sulfuro de zinc dopados con manganeso) que, cubertas con polímeros de pegada molecular específica, supón un avance na detección rápida do consumo de cocaína e os seus metabolitos en mostras de ouriños ou saliva, con aplicacións na análise in situ, como un control de tráfico.

Esta proposta, recollida na comunicación Use of Mn-doped ZnS quantum dot-molecularly imprinted polymers for cocaine fluorescence screening in urine samples, recibiu o primeiro premio da Editorial Springer nas décimo cartas xornadas de Análise Instrumental organizadas pola Sociedade Española de Química Analítica (SEQA) celebrada en Barcelona en paralelo con Expoquimia.

A autora principal da comunicación é a estudante do Máster en Química Avanzada Pilar Chantada Vázquez, xunto a quen traballaron neste estudo os profesores Antonio Moreda Piñeiro e Elena Peña Vázquez e o estudante de doutoramento Juan Sánchez González. Dirixe o equipo a profesora Pilar Bermejo. No desenvolvemento do estudo tamén colaboraron as profesoras do Departamento de Medicina Legal Ana María Bermejo Barrera e María Jesús Tabernero.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Nanopartículas magnéticas contra o cancro: “É unha terapia sen efectos secundarios”

O investigador David Serantes coordina un encontro sobre a hipertermia con nanoimáns, un tratamento contra os tumores máis agresivos

As augas residuais de Santiago revelan menor consumo de cocaína pero un rápido aumento de MDMA

A capital galega tamén está no top 20 de cidades europeas auditadas que máis cannabis consomen

Galicia avanza para contar cos seus propios medicamentos CAR-T nos próximos anos

A finais de ano abrirá un centro de produción en Santiago e un proxecto de investigación traballa para aplicalos en tumores sólidos

Así era Castro Valente: a fotografía láser recrea a muralla da gran fortaleza medieval galega

Un estudo da USC usa as novas tecnoloxías para ampliar información sobre o xacemento de 10 hectáreas situado entre Padrón e A Estrada