Xoves 30 Novembro 2023

Un artigo de farmacéuticos de Santiago, o mellor de Europa en 2020

O "European Journal of Pharmaceutics and Biopharmaceutics" recoñece o traballo do IDIS sobre o tratamento de enfermidades oculares dexenerativas

O European Journal of Pharmaceutics and Biopharmaceutics acaba de recoñecer un artigo do grupo interdisciplinar en Tecnoloxía farmacéutica, inmunobioloxía parasitaria e parasitose hídricas do IDIS de Santiago como o mellor de todos os publicados durante o pasado ano 2020. A investigación forma parte dunha liña de traballo deste equipo para deseñar sistemas para a liberación prolongada de anticorpos e outras moléculas activas no interior do ollo.  Na súa redacción están implicados investigadores da Facultade de Farmacia da USC, da Unidade de imaxe molecular e do grupo de Farmacoloxía Clínica do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (IDIS).

O traballo foi seleccionado por todos os membros do consello editorial da revista, que é a publicación oficial da International Association for Pharmaceutical Technology e atópase entre as máis destacadas da súa área. Este texto explica a posta a a punto unha técnica de tomografía por emisión de positróns (PET – Positron Emission Tomography) como un instrumento non invasivo para a análise farmacocinética de anticorpos monoclonais administrados mediante inxeccións intravítreas en modelos animais. O estudo concluíu o desenvolvemento de técnicas de marcaxe de anticorpos con radiofármacos e a caracterización dos procesos de distribución e eliminación dos anticorpos marcados a través de diferentes órganos e tecidos. Os coñecementos adquiridos poderían chegar a reducir o número de inxeccións que serían precisas para a administración dos tratamentos.

https://twitter.com/AnxoFF/status/1392823343464714240

Esta liña de investigación entronca coa incidencia das enfermidades oculares dexenerativas, considerado un problema de saúde mundial de primeira magnitude e que, co avellentamento da poboación, causará un aumento destacado da súa prevalencia. Entre estas enfermidades, atópanse a Dexeneración Macular Asociada á Idade (DMAE), a Retinopatía Diabética (RD) así como algunhas síndromes asociadas á perda progresiva de visión. Todas elas comparten a dificultade do seu tratamento. Como explica Francisco Otero Espinar, investigador da Facultade de Farmacia da USC, a súa efectividade asóciase co estado no que se atope a enfermidade no momento de inicio do tratamento, así como do tipo de técnica empregada. Os tratamentos máis prometedores baséanse no uso de terapias biolóxicas, sobre todo mediante o emprego de anticorpos monoclonais específicos, que se adminsitrarían mediantes inxección intravírtreas que deben repetirse durante un período de tempo cunha frecuencia variable en función do estado da enfermidade, engade Otero Espinar.


Referencia: PET study of ocular and blood pharmacokinetics of intravitreal bevacizumab and aflibercept in rats (Publicado en European Journal of Pharmaceutics and Biopharmaceutics).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Científicos galegos buscan biomarcadores para a detección precoz do párkinson

Un foro reúne en Santiago a centros de investigación e asociacións para abordar os avances no estudo das enfermidades neurodexenerativas

Un equipo galego identifica un novo biomarcador da depresión

O estudo pioneiro do IDIS postula a posibilidade de diagnosticar patoloxías psiquiátricas como a esquizofrenia a través dos niveis da hormona IGF-2

O IDIS crea unha intelixencia artificial para predicir o risco de síndromes mielodisplásicas

A ferramenta analiza datos de pacientes de 90 hospitais españois para lograr un prognóstico preciso e seleccionar o tratamento axeitado a cada paciente

Identificadas 51 rexións xenómicas responsables da severidade da covid

O catedrático da USC Ángel Carracedo participa na actualización do mapa xenético do SARS-CoV-2, que engade 28 rexións ás detectadas en 2021