Martes 28 Novembro 2023

Aproban administrar unha dose de reforzo de Janssen a partir do 15 de novembro

Recibirán unha inxección de Pfizer ou Moderna segundo o acordado na Comisión de Saúde Pública, onde participan o Ministerio e as comunidades autónomas

As persoas vacinadas con Janssen recibirán unha dose de reforzo. Así o decidiu a Comisión de Saúde Pública, na que participan o Ministerio de Sanidade e as comunidades autónomas. Segundo o acordado, será unha segunda inxección con Pfizer ou Moderna que se comezará a administrar a partir do 15 de novembro. A maiores disto, esta dose deberá inxectarse polo menos tres meses despois de que as persoas recibiran a primeira vacina.

Esta nova campaña de vacinación priorizará, como se fixo nas anteriores, aos grupos máis vulnerables. É dicir, que as comunidades autónomas, a partir de mediados de novembro, poñerán en primeiro lugar a aqueles grupos que entran dentro da Estratexia Nacional de Vacinación. No que respecta ao número de persoas vacinadas con Janssen, en Galicia recibíronse 122.700 doses por parte do Ministerio de Sanidade.

Outros colectivos

Polo tanto, agora súmase un novo obxectivo á campaña de vacinación. Este luns comezaban a administrarse en Galicia as inxeccións da gripe a maiores de 80 anos, que se están a simultanear coas doses adicionais fronte a Covid-19. Tamén recibirá unha dose adicional o grupo de entre 70 e 79 anos, que xa pode pedir a cita voluntaria para protexerse tamén da gripe. Por outro lado, ás persoas que viven en residencias e as que presentan condicións de alto risco xa lle foi administrada a terceira dose. Agora, a todos estes grupos súmanse os vacinados con Janssen, cuxa campaña comezará en quince días.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Bruselas elixe a galega Zendal para fabricar vacinas en futuras emerxencias sanitarias

O acordo de reserva de capacidade subscribiuse cunha duración inicial de catro anos

A primeira vacina contra o virus sincitial en adultos chegará a finais de 2023

Un novo estudo, no que participa o investigador galego Federico Martinón, supera a fase de eficacia clínica

Unha galega abre o camiño para aplicar intelixencia artificial na administración de vacinas

A investigación valeulle a Lorena García del Río o IX Premio Julián Francisco Suárez da Real Academia de Farmacia de Galicia