Xoves 30 Novembro 2023

135 familias, a dieta de caldo galego para un experimento

O proxecto ‘Galicia Alimentación Atlántica‘ (Galiat) está está a piques de rematar a súa primeira fase, a experimental. Un total de 135 familias galegas sometéronse desde o mes de abril a unha dieta atlántica con produtos do país. Ó mesmo tempo, outro grupo control alimentouse combinando calquera alimento. Os investigadores esperan determinar as vantaxes para a saúde da dieta propia de Galicia, con produtos como os grelos, que teñen demostrado a súa potencialidade anticanceríxena. Ou o caldo galego, as berzas, o mexillón, o peixe, o viño albariño ou o aceite de oliva da comunidade.

135 familias forman parte do grupo de intervención e outras 135, do de control. A adscripción a un ou outro realizouse mediante un sistema informático aleatorio. Ás familias do grupo de intervención recibiron alimentos como mexillóns das rías, grelos e verzas, queixo cremoso desnatado, aceite de oliva producido en Galicia e viños albariño e mencía a fin de comprobar a eficacia biosaludable da dieta tradicional.

[box size=”large”]Os investigadores compararán os dous grupos de familias tras seis meses de dieta atlántica[/box]

Con carácter previo a este reparto de alimentos, o persoal da consulta do estudo pioneiro -un analista clínico, unha enfermeira e un nutricionista- realizaron ás familias cuestionarios sobre hábitos de vida alimentarios, de actividade física e de características socioeconómicas. Tamén tomaron mostras de sangue para realizar estudos bioquímicos do perfil de partida. E fixéronlles recomendacións nutricionais sobre como consumir os alimentos e con que frecuencia tomalos para axustarse á dieta atlántica tradicional, saudable e bioactiva.

Tras os primeiros seis meses de experimento, Galiat analizará os datos. E os resultados de contrastar o grupo experimental e o de control están previstos para a primaveira do 2015. En Galiat participan científicos do CSIC (Grupos de Viticultura da Misión Biolóxica de Galicia e o Instituto de Investigaciones Marinas), Grupo do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela, da Universidade de Santiago de Compostela e do Grupo de Investigacións Agroambientais e Alimentarias da Universidade de Vigo). Contan tamén coa colaboración de empresas como Adegas Terras Gauda, Pazo de Rivas, A Rosaleira, Olei Aceite Gallego, Friscos e Quescrem.

[box size=”large”]Xenética e alimentación explican que en Galicia haxa máis maiores de 80 anos que no Mediterráneo[/box]

Os beneficios da dieta atlántica teñen sido investigados con intensidade nos últimos anos. A profesora de Pediatría da USC Rosaura Leis Trabazo afirma que é “saudable e bioactiva con importantes repercusións para a saúde e para o benestar da poboación, desde a infancia á ancianidade”. A tamén coordinadora da Unidade de Gastroenteroloxía, Hepatoloxía e Nutrición Pediátrica do CHUS, salienta que un “envellecemento saudable require duns hábitos de alimentación, actividade física e inactividade adecuados desde idades moi temperás, incluso desde o período previo á concepción, polo que a atención da muller en idade fértil e durante o embarazo é prioritaria, así como a do neno desde o nacemento”.

Beneficios do Omega-3

Rosaura Leis fai especial fincapé nos alimentos do mar, “por mor tanto da súa composición en micronutrintes como en ácidos graxos omega-3 de cadea moi longa e de compoñentes bioactivos”. O cerebro e a retina son os órganos máis ricos en Omega-3, precisa esta relatora, quen subliña que canto maior sexa o nivel na dieta de omega-3 no embarazo e durante a lactancia, maior será o beneficio sobre estes órganos no feto”.

As comunidades atlánticas consumen máis pan, patacas frescas, froitas, aceite de oliva, leite desnatada, iogur, peixes (tanto azuis como brancos), moluscos e crustáceos, carne de vacún, tenreira e porco e viño tinto. As comunidades do Mediterráneo consumen máis hortalizas, queixo e cervexa. A porcentaxe de persoas maiores de 65, 85 e 100 anos nas comunidades atlánticas é máis elevado que nas mediterráneas e superior á media xeral de España, unha maior expectativa de vida que garda relación coa xenética, pero tamén coa alimentación e os estilos de vida saudables.

A Dieta Atlántica tradicional caracterízase por alimentos de tempada, frescos e minimamente procesados, abundantes froitas e verduras, peixes, moluscos e crustáceos. O consumo moderado de lácteos, de carne, de ovos, a abundancia de auga de mananciais, o consumo moderado de viño e o uso preferente do aceite de oliva son tamén elementos característicos da chamada Dieta Atlántica.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia e Portugal alíanse para promover a dieta atlántica

Un observatorio promocionará os seus beneficios para a saúde e o desenvolvemento económico sostible na eurorrexión

Os grelos poden previr o cancro? Estudan a dieta atlántica como vía terapéutica

Unha revisión analiza as propiedades farmacolóxicas dos alimentos consumidos no sur de Europa que poderían ter propiedades antitumorais

‘Picona’, ‘Famosa’ e ‘Luguesa’: as 16 variedades galegas de castaña que descoñecías

Unha guía sobre os tipos de bullotes que se dan en Galicia amosa as diferentes cores e formas destes alimentos