Martes 28 Novembro 2023

Pódcast | Tabaquismo, vapers e fume ambiental

Neste capítulo de 'Investigar na USC' falamos coa científica Julia Rey sobre a EPOC e a actualización da lei antitabaco

España ocupa o noveno posto do ranking de fumadores diarios da Unión Europea, cun 19,7% da poboación que fuma todos os días. Nos últimos tempos, demostrouse que o número de consumidores baixou grazas ás medidas de prevención e ás normativas que se instauraron dende a lei antitabaco de 2005. Con todo, prevalencia do consumo é moi elevada, tamén en adolescentes, ao que hai que sumar a proliferación de aparellos como os vapers e cigarrillos electrónicos, que romantizan o feito de fumar polas súas formas e cores. A lei antitabaco supuxo no seu momento unha gran controversia, con todo, demostrou ser eficaz, de aí que os expertos na materia pidan unha actualización.

No sétimo episodio de Investigar na USC, o pódcast de GCiencia en colaboración coa Universidade de Santiago, falamos coa científica Julia Rey, que é coautora dunha investigación recentemente publicada que demostra que o risco de contraer EPOC se reduce dende o primeiro ano sen fumar. Rey poñeranos ao día sobre os últimos achados dos perigos que supón consumir tabaco e tamén, inhalar fume ambiental. A investigadora insiste na importancia de lexislar para regular os vapers, elementos que conteñen substancias canceríxenas e que se venden, por exemplo, en festivais de música.


Episodio realizado por Alba Tomé

Edición: Carlos Tresandí


Escoita Investigar na USC en: SpreakerSpotifyIvooxiHeartGoogle PodcastsDeezerPodcast AddictJioSaavn e Podchaser.

  1. Boas..o tabaquismo tiña que ser visto coma o que é, unha porcallada que está aceptada pola maioría da xente, ademais de ser unha enfermidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Pódcast | Os virus e zoonoses do cambio climático

Neste episodio abordamos o papel da crise climática na propagación de patóxenos que fará que teñamos que afrontar novas enfermidades

Canto tempo pasa entre que se inicia o consumo de tabaco e aparece o cancro de pulmón?

A investigadora Carla Guerra Tort estudará a relación temporal entre as mortes derivadas desta enfermidade e o tabaquismo

O centro de protonterapia de Galicia, futuro referente investigador contra o cancro

Neste pódcast abordamos os preparativos para a posta en marcha dunha área exclusiva no CHUS que estudará a radioterapia con protóns

O fume ambiental do tabaco mata dúas persoas ao día, un 60% non son fumadoras

O 1,5% do total dos falecementos por cancro de pulmón e cardiopatía isquémica en persoas de 35 anos ou máis débese ao tabaquismo pasivo