Xoves 30 Novembro 2023

Pódcast | O recuncho da IA

Catro investigadores de atlanTTic analizan o avance exponencial dos sistemas de intelixencia artificial nos últimos anos

Intelixencia artificial é un dos conceptos que máis se repite ultimamente nos medios. Acapara portadas de xornais e aparece na televisión en prime time. Pero tamén protagoniza conversacións cotiás. Quen non probou xa Chat GPT? Este é o mellor exemplo do que poden ofrecer os sistemas de intelixencia artificial pero, tamén, dos riscos que supón. Como enfrontan nas escolas redaccións feitas con este chatbot? Ou artigos científicos dentro da academia?

Abordamos todas estas cuestións en O recuncho da IA, o novo pódcast de GCiencia en colaboración con atlanTTic, o Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación da Universidade de Vigo. Da man dos investigadores José Luis Alba, Rebeca Díaz, Jaime González e Andrea Busto tratamos de entender para que serve a intelixencia artificial e como mellora a nosa vida. Así mesmo, como se poden corrixir os nesgos de xénero que deturpan os algoritmos, ou os intereses comerciais que se agochan detrás destes. Finalmente, analizamos ata que punto os modelos de intelixencia artificial poden por en risco ou prexudicar as linguas minorizadas, como o galego.


Episodio realizado por Laura Filloy

Edición: Carlos Tresandí


Escoita O recuncho da IA nas plataformas de pódcast: SpreakerSpotifyIvooxiHeartDeezerPodcast AddictJioSaavn e Podchaser.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Soengas: “Temos que facer pedagoxía coas novas xeracións porque ven un lado bastante negativo da ciencia”

A bióloga molecular analiza os retos que afronta a investigación oncolóxica en Galicia

Amparo Alonso: “A intelixencia artificial apodera os humanos”

A catedrática da UDC analiza a regulación europea e recoñece que a relación entre humanos e máquinas precisa dun tempo de adaptación

Amparo Alonso ingresa na Academia de Ciencias Exactas e Naturais

A investigadora do CITIC da UDC liderará o debate sobre o impacto da intelixencia artificial na sociedade cun enfoque ético e sostible

Pódcast | Por que a intelixencia artificial tamén discrimina as mulleres?

As investigadoras da UDC Laura Morán e Teresa Piñeiro analizan no quinto episodio de O Descodificador cales son as causas dos nesgos de xénero na tecnoloxía