Xoves 30 Novembro 2023

O catedrático da USC Wenceslao González ingresa no Institute of Mathematical Statistics

O catedrático de Estatística e Investigación Operativa da USC Wenceslao González Manteiga acaba de ingresar como membro do Institute of Mathematical Statistics (IMS). Esta é unha designación reservada a investigadores de recoñecido prestixio no ámbito da estatística e a probabilidade. A incorporación do docente da USC formalizouse no transcurso do Joint Statistics Meeting celebrado en Baltimore, considerado un dos eventos máis importantes do mundo no ámbito da estatística.

Fundado en 1935, o IMS é unha organización internacional de perfil académico e profesional dedicada á difusión e aplicación da estatística e a probabilidade, contando na actualidade con 4.500 asociados de todo o mundo. O IMS edita os Annals of Statistics e Annals of Probability, así como as súas versións de perfil máis aplicado e a revistaStatistical Science, todas elas publicacións periódicas de referencia na estatística e a probabilidade.

Case duascentas publicacións, máis de vinte proxectos competitivos como investigador principal e máis de trinta teses de doutoramento dirixidas avalan a traxectoria de Wenceslao González Manteiga. Durante a súa carreira investigadora, centrada na metodoloxía estatística non paramétrica, tenlle permitido facer contribucións relevantes na estimación de curvas e conxuntos, os datos funcionais ou os modelos espaciais e espazo-temporais, con aplicacións no ámbito da economía e o medio ambiente, entre outros.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O desperdicio alimentario, un buraco negro na busca dunha economía circular sostible

Adaptar o consumo ás nosas necesidades e cociñar a nosa propia comida son algúns dos consellos par reducir os refugallos

Galicia e Portugal alíanse para promover a dieta atlántica

Un observatorio promocionará os seus beneficios para a saúde e o desenvolvemento económico sostible na eurorrexión

X = Gciencia

A decana da facultade de Matemáticas da USC, Elena Vázquez Cendón, escribe un tribuna polo décimo aniversario do noso medio

Unha ponte entre a cidadanía e a ciencia

O reitor da Universidade de Santiago felicita a Gciencia polo seu décimo aniversario