Martes 28 Novembro 2023

Volven as NerdNites a Compostela coas charlas ‘Cerebro e liberdade’

Organizadas en colaboración coa Sociedad Española de Neurociencia, que celebra o seu congreso en Santiago

As NerdNites comezarán o martes 3 de setembro, a partir das 21.30 horas, no Riquela (Preguntorio, 35) a súa oitava edición cunha sesión monográfica que leva por título ‘Cerebro e liberdade’. Esta primeira NerdNite, organizada en colaboración coa Sociedad Española de Neurociencia co gallo da súa celebración en Santiago do seu congreso bienal, estará moderada por José María Delgado, catedrático de Fisioloxía da Universidade Pablo de Olavide de Sevilla, e contará como relatores con diversos especialistas procedentes de toda España.

O investigador Ramón y Cajal no Instituto de Neurociencias de Alacante José P. López Atalaya, abrirá a quenda de intervencións co relatorio ‘Libre albredío: ¿un engano da consciencia?’. Ao seu remate, Fernando, de Castro, científico titular do Instituto Cajal de Madrid, ofrecerá a charla ‘Liberdade, divino cerebro’.

A profesora de Investigación do Instituto de Investigacións Biomédicas August Pi i Sunyer (Idibaps) de Barcelona María V. Sánchez-Vives, tratará nesta primeira NerdNite do curso 2019-20 as posibilidades do control do cerebro por ordenador nunha charla titulada ‘O futuro xa está aquí: o sentido de axencia e de responsabilidade no control mediante interface cerebro-ordenador’.

Esta xornada monográfica sobre cerebro e liberdade chegará ao seu colofón no Riquela coa intervención do profesor da Facultade de Ciencias da Saúde da UDC Casto Ribadulla, que ofrecerá a charla ‘Non es ti, son as circunstancias amigo’.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Xurxo Mariño, divulgador: “Sabemos máis da sexualidade das ratas que da das persoas”

O tamén investigador da UDC desvela no seu novo libro algúns dos últimos descubrimentos sobre a neurociencia das emocións

Completado o primeiro mapa do cerebro dun insecto

Dous equipos científicos de EE.UU. e Reino Unido lograron mapear o cerebro completo da larva da mosca da froita tras 12 anos de trabllo

O alucinante potencial das substancias psicodélicas

O interese científico polos psicodélicos rexurdiu pola súa potencialidade para tratar enfermidades mentais como o trastorno depresivo maior, o trastorno de estrés pos-traumático e diferentes adiccións

Fainos máis felices crer en Papá Noel e os Reis Magos?

A rapazada que cre durante máis anos nos seres máxicos do Nadal adoita ser máis feliz cando chega á idade adulta