Martes 28 Novembro 2023

Un parasito devasta os bancos de berberechos das Rías Baixas

Un parasito, o Marteilia cochillia, está a devastar os bancos de berberechos das rías Baixas. Ata o de agora pouco presente en augas galegas, este microorganismo invade o corpo dos bivalvos e os mata por inanición, ao imperdilles facer a dixestión. Unha reportaxe no xornal El País revela que o Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo (CSIC) está na busca do segredo de como o Marteilia cochillia logra penetrar nos berberechos, tendo en conta que no se transmite entre individuos. Precisa dun axente externo, dun vehículo, que está por identificar. A primeira gran devastación de berberechos (Cerastoderma edule) aconteceu en Arousa no 2012. E continúa na actualidade, afectando tamén á ría de Pontevedra e a parte da ría de Vigo.
Podes ler máis información neste enlace:
 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo deseña un antiinflamatorio substituto dos corticoides

O composto, creado por un grupo liderado polo CSIC e a Universidade Politénica de Valencia, ten menos afectos adversos e toxicidade

Un compromiso coa comunicación científica de calidade

A delegada institucional do CSIC en Galicia, Carmen González Sotelo, destaca o traballo de Gciencia durante os seus primeiros dez anos

Demostrada a eficacia dun novo fármaco contra o cancro de colon

Os investigadores desenvolveron un medicamento dirixido contra a proteína CD98hc, unha nova diana terapéutica presente na superficie das células tumorais

Revelan o papel clave das modificacións de ARN na loita contra o cancro de próstata

Un equipo do CSIC mostra que inhibir o encima METTL1 frea o desenvolvemento do cancro de próstata e mellora a eficacia dos tratamentos oncolóxicos