Martes 28 Novembro 2023

Visitas guiadas con Sirio e o Concello de Pontevedra ao observatorio de Cotobade

A asociación astronómica organiza unha nova edición das súas observacións no marco do programa de lecer nocturno Noites Abertas

A asociación astronómica Sirio e o Concello de Pontevedra unen forzas para organizar este venres unha visita ao observatorio de Cotobade no marco do programa de ocio nocturno Noites Abertas, que este ano celebra o seu 20º aniversario.

A cita será este venres 1 de febreiro, e está dirixida ás persoas de 18 a 30 anos. Desde a organización recoméndase facer a preinscrición nesta ligazón; aínda que se quedan prazas será posible anotarse no mesmo lugar de saída do autocar (Pavillón municipal de Pontevedra, na rúa Xoan Manuel Pintos, 7). O autocar sairá cara a Cotobade ás 19.30 horas.

Visitas a Cotobade todas as semanas

Alén desta actividade, a asociación Sirio organiza todas as semanas (sábados) visitas guiadas ao observatorio de Cotobade (condicionadas, por suposto, ás condicións meteorolóxicas). A actividade sempre consta de dúas partes: unha observación a través do telescopio, duns 45 minutos, e unha explicación ao aire libre no exterior. O edificio do observatorio de Cotobade, situado no monte Coirego, dispón dun aula, con material didáctico, e unha sala de control, sobre os que se ubica unha cúpula de 4 metros, dotada dun telescopio Meade LX200 ACF de 40 cm de diámetro.

A visita é gratuíta, aínda que a entidade dispón dun peto para quen queira axudar cos gastos de mantemento do observatorio. Desde Sirio subliñan a recomendación de levar roupa de abrigo, xa que no lugar fai bastante frío, mesmo en verán.

As reservas para as visitas semanais a Cotobade poden realizarse na web de Sirio, nesta ligazón, indicando o número total de asistentes (tanto adultos como nenos) que van ir. Cómpre facelas con antelación, xa que están limitadas a dous grupos de 15 persoas cada un, e as prazas adoitan esgotarse. Para calquera dúbida, a asociación ten aberto o enderezo reservas@asociacionsirio.es

Os horarios ao longo do ano reparten as visitas en 2 grupos, iniciando a actividade en canto é noite pechada: xaneiro e decembro, 20 e 20.45 horas; febreiro e novembro, 20.30 e 21.15 horas; marzo setembro e outubro, 21.30 e 22.15 horas; abril e agosto, 22.30 e 23.15 horas; e maio, xuño e xullo, ás 23 e 23.45 horas.

Para atopar toda a información, pode visitarse a páxina asociacionsirio.es.

 

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

00:05:26

Gciencia fai 10 anos

O portal da ciencia culmina de dez días de celebracións polo seu décimo aniversario

Máis xornalismo e máis divulgación

Editorial de Gciencia polo seu décimo aniversario

Exposicións, obradoiros, rutas e premios: as outras actividades divulgativas de Gciencia

O portal da ciencia galega emprendeu ao largo da súa traxectoria numerosas actividades para sacar a divulgación á rúa

José Tubío: “Os científicos deberían saír á rúa como antes facían os predicadores”

O investigador aposta por crear departamentos de divulgación científica, converter a España nun país sen fume e priorizar o cambio climático polo seu impacto na saúde