Xoves 30 Novembro 2023

Un seminario en Santiago analizará os últimos 25 anos da estatística en Galicia

Desde que a finais dos anos 80 se organizaran na USC distintos seminarios locais de Inferencia non Paramétrica liderados polo profesor Wenceslao González Manteiga, a evolución metodolóxica da estatística co entorno de aplicacións aos distintos ámbitos (ciencias da saúde, finanzas, enerxía ou computación) foi moi frutífera.

Máis adiante, estes seminarios, xa de calado internacional, tiveron lugar nas tres universidades galegas organizados por doutores en Estatística que se formaron baixo a dirección ou co dirección do profesor González, e que destacan con desenvolvementos notables de transferencia da metodoloxía ao sector produtivo.

Con motivo do 60 aniversario do profesor Wenceslao González, director ata a actualidade de 30 teses doutorais, o Departamento de Estatística e Investigación Operativa da USC organiza este mércores 8 e o xoves 9 un seminario no que se mostrarán os avances que se deron ao longo destes anos nos diferentes grupos de investigación de estatística en Galicia, que se complementarán cos de investigadores de fóra que colaboraron activamente cos galegos.

O encontro dará comezo ás 9.00 horas na Escola Técnica Superior de Enxeñaría nun acto ao que lle seguirán diversos relatorios sobre a materia nos que participarán, entre outros, o catedrático emérito da Universidade de Zaragoza José Antonio Cristóbal; o catedrático da Carlos III de Madrid Miguel Ángel Delgado; o catedrático da Universidade da República (Uruguai) Ricardo Fraiman; e o profesor Winfried Stute, da Justus-Liebig-Universität. 

Intervirán ademais os profesores da UDC Juan Vilar, Ricardo Cao e María José Lombardía; os da USC Carmen María Cadarso, Manuel Febrero e Rosa Crujeiras; e os da Universidade de Vigo Jacobo de Uña, Juan Carlos Pardo, Eduardo García, todos e todas discípulos do profesor González Manteiga.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O desperdicio alimentario, un buraco negro na busca dunha economía circular sostible

Adaptar o consumo ás nosas necesidades e cociñar a nosa propia comida son algúns dos consellos par reducir os refugallos

Galicia e Portugal alíanse para promover a dieta atlántica

Un observatorio promocionará os seus beneficios para a saúde e o desenvolvemento económico sostible na eurorrexión

X = Gciencia

A decana da facultade de Matemáticas da USC, Elena Vázquez Cendón, escribe un tribuna polo décimo aniversario do noso medio

Unha ponte entre a cidadanía e a ciencia

O reitor da Universidade de Santiago felicita a Gciencia polo seu décimo aniversario