Xoves 30 Novembro 2023

O programa TodoCosmos leva as observacións astronómicas a varias vilas galegas

Enmarcadas no programa de divulgación científica TodoCosmos da USC, o Observatorio Astronómico Ramón María Aller da Universidade de Santiago ten programadas por varias vilas galegas toda unha serie de observacións astronómicas dirixidas ao público en xeral. Quen se achegue poderá observar a lúa en crecente, a nebulosa de Orión, o planeta Xúpiter ou estrelas dobres.

Este sábado 12 a sesión de observación será ás 20.30 horas na Praza Maior de Allariz, para trasladarse o domingo 13 á mesma hora ás pistas de tenis do paseo marítimo de Noia. O luns 14 esta actividade terá lugar a partir das 20.00 horas na parroquia de Santa Cruz de Montaos (Ordes) e o martes ás 21.00 horas en Portonovo.

Ademais destas sesións públicas por diferentes vilas galegas, o Observatorio Astronómico da USC organiza outras o luns 14 e o martes 15 ás 21.00 horas na súa propia sede en Santiago enmarcadas no seu Programa de Extensión Cultural de Astronomía.

O programa TodoCosmos, que conta co financiamento da Fecyt, contempla ademais a próxima semana diversas charlas didácticas. A primeira será o martes 15 ás 17.00 horas no IES Baltar de Portonovo, para continuar o mércores 16 con outra ás 11.30 no Instituto Manuel Murguía de Arteixo.

Completan a semana unha charla o xoves ás 11.00 horas no CEIP Nosa Señora da Piedade de Vila de Cruces e o venres á mesma hora no CEIP Cerdeiriñas de Piloño da mesma vila.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Descubertos seis exoplanetas que ‘bailan’ de forma sincronizada arredor da súa estrela

Os planetas posúen unha configuración que apenas cambiou desde hai máis de mil millóns de anos

O desperdicio alimentario, un buraco negro na busca dunha economía circular sostible

Adaptar o consumo ás nosas necesidades e cociñar a nosa propia comida son algúns dos consellos par reducir os refugallos

Galicia e Portugal alíanse para promover a dieta atlántica

Un observatorio promocionará os seus beneficios para a saúde e o desenvolvemento económico sostible na eurorrexión

X = Gciencia

A decana da facultade de Matemáticas da USC, Elena Vázquez Cendón, escribe un tribuna polo décimo aniversario do noso medio