Xoves 30 Novembro 2023

O programa TodoCosmos de divulgación astronómica celebrou un cento de actividades no 2016

Durante 2016, o Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC desenvolveu a través da terceira edición do programa TodoCosmos un cento de actividades divulgativas en toda Galicia arredor da astronomía. Financiado por terceiro ano consecutivo pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) e co apoio de Óptica Val, a filosofía deste programa é trasladar a divulgación astronómica a todos os lugares nos que sexa demanda, explica o seu director, o profesor José Ángel Docobo. Neste senso, o propio Docobo lembra como deste xeito e dende hai varios anos, o Observatorio da USC complementa a súa misión investigadora e docente coa de “centro de interpretación dos cosmos, dando servizo a amplos sectores da sociedade”.

En 2016, a colaboración con TodoCosmos estendeuse  oficialmente a quince concellos de Galicia (Allariz, Ames, Boqueixón, Lalín, Noia, Ordes, Oroso, Padrón, Rianxo, Ribadeo, Santiago de Compostela, Sanxenxo, Teo, Vedra e Vila de Cruces), se ben puntualmente tamén se levaron a cabo actividades noutros sete (Arteixo, Barbadás, Carral, Melide, Porto do Son, Tordoia e Vilar de Santos). No propio Observatorio realizáronse sesións para colexios e grupos non só de Santiago senón tamén de Vigo, Estremadura, Sartrouville (Francia), Tordoia, Padrón, Bueu, Altea (Alacante), A Estrada e Boiro. No caso concreto de Santiago, José Ángel Docobo destacou o importante volume de iniciativas desenvolvidas como as múltiples visitas guiadas e sesións didácticas ou a celebración do Mes da Astronomía, que se imparte ao longo do mes de novembro na Biblioteca Anxel Casal.

Como explica o docente, o bo tempo reinante en Galicia dende finais de xuño favoreceu o desenvolvemento de todas as actividades programadas en paseos marítimos (Sanxenxo, Rianxo, Noia), cimas emblemáticas e miradoiros (Pico Sacro, Alto da Agrela, Alto de San Marcos, Gundián ou Monte Xalo), paseos fluviais (Bertamiráns e Insua- A ponte), prazas céntricas (Allariz, Barbadás, Milladoiro, Ribadeo, Vila de Cruces, Tordoia, Padrón, Porto do Son,…), observatorios  (Lalín e Santiago),  parroquias, escolas unitarias, centros de ensino non universitario, fundacións públicas, centros de rehabilitación ou institucións penitenciarios. Na actualidade, explica Docobo, “son xa numerosos os concello que teñen solicitado adherirse a esta iniciativa didáctica de cara a 2017”. O equipo docente que participa en TodoCosmos está constituído por José Angel Docobo, Pedro Pablo Campo, María Brea, José Ramón González e Jorge Gómez.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Descubertos seis exoplanetas que ‘bailan’ de forma sincronizada arredor da súa estrela

Os planetas posúen unha configuración que apenas cambiou desde hai máis de mil millóns de anos

Begoña Vila: “Atoparemos probabilidades de vida noutro planeta”

Co gallo do décimo aniversario de Gciencia, a astrofísica da NASA analiza a divulgación dos achados cósmicos e a busca de vida intelixente

As dúas choivas de estrelas que non podes perder de aquí a final de ano

No mes de novembro coas leónidas e no de decembro coas xemínidas os amantes da astronomía teñen dúas citas que non deben esquecer

Astronomía para a toda a familia neste obradoiro da UVigo

Celebrarase este martes 10 de outubro, a partir das 17.00 horas, e está dirixido a un público familiar