Xoves 30 Novembro 2023

Marisol Soengas, premiada pola Asociación Europea para a Investigación en Cancro

A investigadora galega recibe o galardón Pezcoller-Marina Larcher Fogazzaro, que pon en valor o seu liderado como muller e científica

A investigadora galega Marisol Soengas, xefa do Grupo de Melanoma do Centro Nacional de Investigaciones Oncológicas (CNIO), acaba de ser galardoada co Premio Pezcoller-Marina Larcher Fogazzaro, que entrega a Asociación Europea para a Investigación do Cancro (EACR). Este recoñecemento pon en valor “a excelencia e os logros no ámbito da investigación sobre o cancro” de Soengas, así como “o seu liderado e exemplo na promoción das mulleres neste campo”. A científica galega, tras coñecer a noticia, declarou: “A ciencia é un traballo en equipo e sen todos os que colaboran comigo, tanto nas miñas investigacións como nas accións de divulgación, o meu traballo non sería posible”.

En relación ao seu traballo no CNIO, Soengas e o seu equipo identificaron factores pro-oncoxénicos que definen as chamadas “sinais de identidade do melanoma”, distinguíndoo de máis de 25 tipos de cancro. O seu grupo desenvolveu modelos animais que permiten visualizar o desenvolvemento do melanoma dende fases moi temperás, e encontrou novos mecanismos de inmunoresistencia.

Así mesmo, Soengas recibiu numerosos recoñecementos, como o Premio Constantes y Vitales á Publicación Biomédica máis Relevante de 2017, o Premio Executivas de Galicia 2017, o Premio Placa de Honor 2018 da Asociación Española de Científicos e a Medalla Fritz Anders de la European Society for Pigment Cell Research (ESPCR) en 2019, que recoñece os investigadores máis salientables no campo do melanoma, entre outros. Tamén foi Top100 Mujeres Líderes de España (edicións 2018 e 2019) por Mujeres & Cia, foi nombrada membro da Academia Galega de Farmacia e da Real Academia de Farmacia de España. En 2021 foi elixida vicepresidenta da Asociación Española de Investigación sobre el Cáncer (ASEICA).

A orixe do premio

O Premio Pezcoller-Marina Larcher Fogazzaro naceu en 2020 da man da Fundación Pezcoller, que ten a súa sede en Italia. O seu obxectivo é o de recoñecer o valor das mulleres no mundo da ciencia, así como impulsar a investigación biomédica no campo do cancro. Por iso, cada ano, fan entrega deste recoñecemento de carácter internacional que conta con varios premios e categorías. Ademais, a Fundación Pezcoller colabora dende hai anos coa EACR. Esta última institución celebrará a finais de xuño o Congreso EACR 2020 “Ciencia innovadora del cáncer: Translating Biology to Medicine” en Sevilla e será a propia Marisol Soengas quen imparta a conferencia do Premio Pezcoller-Marina Larcher Fogazzaro-EACR á Muller na Investigación do Cancro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Soengas: “Temos que facer pedagoxía coas novas xeracións porque ven un lado bastante negativo da ciencia”

A bióloga molecular analiza os retos que afronta a investigación oncolóxica en Galicia

Os retos do coñecemento

Artigo do reitor da Universidade de Vigo con motivo do décimo aniversario de Gciencia

A mortalidade por calor podería multiplicarse case por cinco a mediados de século

Un estudo advirte sobre a inacción fronte ao cambio climático e os seus perigos para a saúde. Os autores demandan medidas urxentes

Historia da primeira portada: o deputado que escapou a Copenhage a investigar

Gciencia localizou en 2013 en Dinamarca a David Calviño, protagonista dun soado abandono da política. Agora investiga en Ourense: "As cousas melloraron bastante”