Martes 28 Novembro 2023

GCiencia gaña o XXVII Premio Lois Peña Novo por “dotar de prestixio” o idioma galego

O xurado recoñece o labor do xornal na promoción da lingua no eido científico e a súa contribución a "escorrentar prexuízos lingüísticos"

GCiencia suma un novo premio as súas vitrinas. Trátase do Lois Peña Novo, que entrega a fundación do mesmo nome dende 1995 para recoñecer o uso do galego no ámbito profesional. O xurado valorou a “contribución decisiva” de GCiencia para “poñer en valor a lingua, dándolle visibilidade a través das redes sociais e achegándoa á cidadanía”. “Promove unha valorización do galego en ámbitos científicos nos que a nosa lingua é minoritaria”, apunta o fallo do xurado, que engade: “GCiencia provoca un efecto positivo na utilización do galego na sociedade, dotándoo de prestixio e escorrentando prexuízos lingüísticos”.

O xurado desta XXVII edición estivo formado pola bióloga e escritora Marisa Castro Cerdeda, premiada na edición anterior; a maxistrada titular do Xulgado de Violencia sobre a Muller de Vigo, Paz Filgueira Paz; o escritor Xulio Ríos Paredes, e o escritor e lingüística Antón Dobao. Actuou como secreatria Carme Pérez Vaquero, tamén secretaria da Fundación Lois Peña Novo. Xunto a GCiencia, tamén foron galardoados a guionista Rosa Castro, polo seu rol fundamental na consolidación do galego nos medios, e o arqueólogo Felipe Senén López, por toda unha vida dedicada a divulgar a investigar a cultura do país.

GCiencia, que este ano fai o seu décimo aniversario, foi distinguido en 2019 co Prisma ao Mellor Novo Medio, o premio da divulgación científico de maior prestixio en España. Ao longo da súa traxectoria conseguiu outros galardóns como o Premio da Crítica de Galicia (2020), o de Xornalismo Dixital do Foro da Comunicación de Galicia (2015), o Mil Primaveras da Coordinadora de Traballadores de Normalización da Lingua (2019) e o Rosalía de Castro de Cultura Galega que outorga a Deputación da Coruña (2019). Os seus contidos xornalísticos lograron tamén numerosos premios nestes anos, entre elles o de Xornalismo Científico 2017, concedido pola Real Academia Galega das Ciencias.

Galardóns

  • Premio da Crítica de Galicia 2020. Galardoado na categoría de Iniciativas Culturais e Científicas.
  • Prismas 2019. Premio de maior prestixio en España á divulgación científica. Mellor Novo Medio.
  • Rosalía de Castro 2019. Concedido pola Deputación da Coruña pola contribución de GCiencia ao uso do idioma galego
  • Premio de Xornalismo Dixital 2015. Concedido polo Foro da Comunicación de Galicia
  • Mil Primaveras 2019. Concedido pola Coordinadora de Traballadores de Normalización Lingüística polo uso do galego.
  • Premio Galicia de Xornalístico Científico 2017. Concedido pola Real Academia Galega de Ciencia pola reportaxe A ataxia SCA36, o mal sen cura da Costa da Morte
  • Premio Iprox 2013. Concedido polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia ao proxecto GCiencia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

00:05:26

Gciencia fai 10 anos

O portal da ciencia culmina de dez días de celebracións polo seu décimo aniversario

Máis xornalismo e máis divulgación

Editorial de Gciencia polo seu décimo aniversario

Exposicións, obradoiros, rutas e premios: as outras actividades divulgativas de Gciencia

O portal da ciencia galega emprendeu ao largo da súa traxectoria numerosas actividades para sacar a divulgación á rúa

Dez anos fomentando a curiosidade

A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, felicita a Gciencia polo seu décimo aniversario