Xoves 30 Novembro 2023

Galicia deseña o arrastreiro do futuro

O prototipo do futuro arrastreiro de gran altura está listo para navegar

A frota arrastreira conxeladora galega de gran altura quedou obsoleta. Integrada na súa maioría por buques que superan os 30 anos de antigüidade, perdeu boa parte da súa competitividade. Acabar con esta situación e volver situarse á cabeza da eficacia mundial é o obxectivo do proxecto Aralfutur, cuxos primeiros resultados están a piques de empezar a verse. Ao longo do mes de xaneiro está previsto que o prototipo do que será o arrastreiro do futuro realice os seus primeiros ensaios na Canle de Experiencias do Pardo. Os investigadores están a dar os últimos retoques ás maquetas antes de iniciar as probas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Lugo é a provincia do Estado con máis persoas obesas

Varios estudos revelan que Galicia é a segunda comunidade con máis prevalencia de sobrepeso entre a poboación adulta

Descubertos seis exoplanetas que ‘bailan’ de forma sincronizada arredor da súa estrela

Os planetas posúen unha configuración que apenas cambiou desde hai máis de mil millóns de anos

As plantacións de chopo densas de quenda curta teñen alta produtividade de biomasa

A tese de doutoramento desenvolvida na USC mellora as predicións para obter unha bioeconomía baixa en carbono

O desperdicio alimentario, un buraco negro na busca dunha economía circular sostible

Adaptar o consumo ás nosas necesidades e cociñar a nosa propia comida son algúns dos consellos par reducir os refugallos