Xoves 30 Novembro 2023

Física, sexo e ‘quidditch’ nas “Nerd Nites” de Santiago

Regresan as “Nerd Nites” a Santiago de Compostela. Esta nova edición da iniciativa de divulgación científica terá lugar este martes 7 a partir das 21.30 horas na Nave de Vidán. Na xornada falarase de temas tan diversos como a física, o sexo e o ‘quidditch‘, deporte que se fixo famoso polos libros de Harry Potter.

Haberá tres charlas. A psicóloga sanitaria e sexóloga Martina González Veiga, fundadora de “Con mucho gusto“, impartirá a sesión “Clítoris 3D“. A continuación, a a presidenta do equipo de ‘quidditch’ Lumos Compostela, Raquel Martínez González, amosará aos asistentes as claves do deporte: “Quidditch, ¿por que un deporte coa vasoira entre as pernas?”. Pola súa parte, o profesor de Física Teórica da USC Javier Mas Solé falará de “Ondas gravitacionais: o universo no tímpano”.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O vínculo con Galicia de Goodenough, o Nobel máis vello da historia

Un dos pais da batería de ión-litio foi investido doutor honoris causa en 2002 pola USC e colaborou co departamento de Física Aplicada

A UVigo, nun consorcio para detectar mareas vermellas desde satélites

O proxecto CoastObs investiga para avanzar no uso da detección remota por satélite para estudar as augas costeiras

O físico galego Jesús Carrete recibe un prestixioso premio internacional

Doutor en Física pola USC e investigador na actualidade en Viena, recibirá o galardón da Unión Internacional de Física Pura e Aplicada

Gabriele Veneziano, ‘pai’ da teoría de cordas, visita Galicia

Ofrecerá o luns 12 de novembro unha charla no auditorio Abanca de Santiago, convidado polo Instituto de Física de Altas Enerxías