Xoves 30 Novembro 2023

As reportaxes de GCiencia entran nos libros de texto de secundaria

GCiencia xa está nos libros de texto. As reportaxes do Portal da Ciencia Galega aparecen como material didáctico nos manuais de editoriais como Baía Edicións e Edicións Xerais de Galicia, dirixidos ao alumnado de secundaria. Estes contidos, que GCiencia cede libremente ás editoriais polo seu interese educativo, aparecen en libros de materias como Lingua e Literatura Galega, ás veces no apartado de lecturas e outras como reforzo de materias básicas da Lomce en eidos como a lingüista, matemática, tecnolóxica, social e cidadá…

baía edicións lingua e literatura

En Edicións Xerais, podemos atopar textos de GCiencia no manual de ‘Lingua e Literatura’ de segundo curso da ESO, que abre cunha reportaxe titulada ‘Cando o tigre campaba por Galicia‘, na que analizamos a figura do lince boreal (coñecido en Galicia ás veces como lobo cerval ou tigre), que habitou o país ata data recente, segundo os últimos estudos científicos.

En Baía Edicións, atopamos as reportaxes de GCiencia, convertidas en contidos educativos, nos manuais de segundo e de terceiro curso da ESO, con reportaxes como ‘Os beneficios da dieta atlántica‘, ‘Peinador, unha moeda galega de antes do euro‘, ‘Einstein e Hitler, o bo e o mao da historia universal‘ ou ‘Un estudo encontra hórreos galegos en Australia e Nova Zelandia‘. Nestes libros escolares atopamos tamén novas de GCiencia do día a día, como a que relata as especulacións sobre un planeta extrasolar que podería acoller vida extraterrestre.

GCiencia, que esta semana cumpre 4 anos, sempre como xornal dixital diario, é un medio de comunicación xeralista, para todos os públicos e con todo tipo de temas, que aborda dende unha perspectiva científica. Os nosos contidos abranguen todos os eidos: saúde, medio ambiente, historia, sociedade, tecnoloxía, economía, mar, agro… pero tratados con datos científicos. Por iso ten un público amplo, que abrangue todo o abano social, aínda que unha parte importante dos seus lectores están relacionados co mundo educativo. E non só nas universidades e os centros de investigación, senón tamén nos colexios e institutos, mantendo sempre a colaboración e unha interacción cos alumnos e profesores de primaria e secundaria de Galicia.

lingua e literatura

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

00:05:26

Gciencia fai 10 anos

O portal da ciencia culmina dez días de celebracións polo seu décimo aniversario

Máis xornalismo e máis divulgación

Editorial de Gciencia polo seu décimo aniversario

Exposicións, obradoiros, rutas e premios: as outras actividades divulgativas de Gciencia

O portal da ciencia galega emprendeu ao largo da súa traxectoria numerosas actividades para sacar a divulgación á rúa

Dez anos fomentando a curiosidade

A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, felicita a Gciencia polo seu décimo aniversario