Mércores 29 Novembro 2023

Chega unha nova borrasca a Galicia con avisos amarelos e laranxas

Manterase o nivel laranxa por forte ondada en toda a costa galega e hai alerta por ventos e choivas para este martes

Tras o paso de Justine, que deixou fortes refachos de vento e ondas por riba dos 10 metros, con alerta vermella, continúa o tren de borrascas varrendo Galicia. Este luns volverá haber avisos amarelos por ventos fortes na Mariña lucense a última hora do día, dende as 20.00 horas en adiante, ata a madrugada. Haberá tamén aviso laranxa por mar de fondo e ondas de ata 8 metros tanto na costa norte da Coruña como nas Rías Baixas.

A situación complícase o martes coa entrada dunha nova borrasca, que ampliará os avisos decretados por Meteogalicia, que eleva a laranxa a situación no mar en todo o litoral galego por forte ondada.

Así, este martes prevese a chegada dunha nova fronte moi activa que atravesará a Comunidade lentamente de noroeste a sueste. Agárdase así unha xornada de ceos moi nubrados con chuvias moderadas e persistentes, que poden deixar acumulacións importantes máis probables ao oeste.

As temperaturas mínimas ascenderán lixeiramente mentres que as máximas seguirán sen cambios significativos. Os ventos soprarán do suroeste fortes, con refachos moi fortes nas zonas altas.

Aquí podes consultar o boletín de avisos de Meteogalicia

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como impactará a borrasca Elisa en Galicia?

Non terá tanta intensidade como Ciarán ou Domingos. O sábado será o día con máis precipitacións

Estas son as zonas de Galicia máis afectadas pola borrasca Domingos

O sábado será o día de maior inestabilidade, con intensas precipitacións e fortes ventos que poderán superar os 100 km/h

Outra gran borrasca achégase a Galicia esta fin de semana con chuvias máis intensas que Ciarán

Activada a alerta vermella en todo o litoral galego, agás a Mariña lucense, por ondas que poderán superar os oito metros

Así se forma o ciclón bomba que afectará a Galicia a partir do mércores

O meteorólogo Juan Jesús González Alemán apunta que o impacto desta borrasca será moi parecido a un furacán en termos de vento