A Coruña, capital da ciencia marina a escala mundial
O IEO (Instituto Español de Oceanografía) cumpre cen anos. E invitou a medio milleiro de científicos, os líderes das ciencias do mar a escala mundial, a celebralo na Coruña. Festexarano co cume anual do Consello Internacional para a Exploración do Mar (Ices), o organismo que vela polo uso sostible dos océanos e que asesora á Comisión Europea coas súas recomendacións de totais admisibles de captura (TAC) e cotas.