Martes 28 Novembro 2023

PODCAST | O cambio climático leva aos océanos a unha situación crítica. Con Elena Ojea

Falamos da situación dos mares e da necesaria transformación do sector pesqueiro coa investigadora da UVigo, autora principal do terceiro capítulo do IPCC

Con motivo do Día Mundial dos Océanos, celebrado cada 8 de xuño, charlamos con Elena Ojea, docente e coordinadora do grupo de investigación Futures Ocan Labs da Universidade de Vigo (UVigo). Ojea é a autora principal do terceiro capítulo do IPCCOs ecosistemas oceánicos e costeiros e os seus servizos, polo que falamos con ela para entender mellor as conclusións e o impacto que este informe ten nas políticas internacionais.

En xeral, os equipos de investigación implicados no informe falan do risco que supón para os océanos o cambio climático, volvéndoos máis cálidos, máis acedos e menos produtivos; mais tamén da necesidade de transformar sectores como o da pesca para volvelos máis sostibles.

Ciencia de Ida e Volta é un podcast en colaboración coa Unidade de Cultura Científica da UVigo (UCC+I) que conta co apoio da da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología, do Ministerio de Ciencia e Innovación.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A mortalidade por calor podería multiplicarse case por cinco a mediados de século

Un estudo advirte sobre a inacción fronte ao cambio climático e os seus perigos para a saúde. Os autores demandan medidas urxentes
00:02:51

As mariscadoras pensan en abandonar o mar: o marisco non medra ou morre

As rías experimentan unha caída da produción derivada da sobreexplotación e o cambio climático. Nas últimas semanas a situación agravouse polas riadas

Un equipo da UVigo avalía o posible impacto da inxección de aerosois na atmosfera para contrarrestar o cambio climático

Os investigadores galegos aseguran que a técnica reduciría a cantidade de enerxía solar que chega á superficie e reduciría a temperatura

O risco de morrer nun hospital por causas respiratorias é maior no verán que no inverno

A máxima incidencia de mortalidade hospitalaria por afeccións pulmonares produciuse entre xuño e setembro debido ás altas temperaturas