Martes 28 Novembro 2023

Argimiro Rojo, reelixido como Defensor Universitario da UVigo

Argimiro Rojo Salgado, catedrático de Ciencia Política e da Administración, foi reelixido como Defensor Universitario da Uvigo na sesión ordinaria do Claustro da Universidade, celebrada o pasado venres. A candidatura de Argimiro Rojo foi a única presentada ás eleccións e recibiu 88 votos a favor dos 106 asistentes á sesión, superando, deste xeito, os dous terzos que cómpre acadar. Rojo continuará catro anos máis no cargo, ao que chegou no ano 2011.

O Claustro, que se levou a cabo por segundo curso académico consecutivo e por segunda vez na súa historia no Campus de Ourense, tamén aprobou emitir un informe favorable ao cambio de denominación da Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Minas por Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía. O reitor Salustiano Mato, iniciou a sesión dando conta no seu informe aos e ás representantes da comunidade universitaria de temas como os últimos avances nos proxectos de especialización Campus da Auga e CREA S2i, que están a dar pasos decisivos no seu desenvolvemento coa tramitación dos seus respectivos programas de doutoramento e sedes. O reitor tamén informou sobre a posta en marcha no curso 2016/2017 “dun novo grao único no Sistema Universitario Galego” como é o grao de Enxeñaría Aeroespacial no campus de Ourense.

Na sesión do pasado venres tamén se celebraron eleccións para cubrir vacantes en diversos órganos, como o Tribunal de Garantías, a Comisión Encargada da Modificación dos Estatutos; a Comisión de Plans Estratéxicos; a Mesa do Claustro; o Consello de Goberno e a Comisión Electoral.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Os bioplásticos e polímeros sintéticos teñen realmente capacidade de biodegradación?

O proxecto Polbio nace para determinar se este proceso pode ter algún efecto tóxico en ambientes terrestres e acuáticos

Un método estatístico permite detectar por primeira vez que liñaxes celulares evolucionan máis rápido

O estudo, no que colabora a Universidade de Vigo, axudaría a identificar mutacións con incidencia en enfermidades como o cancro

“O ingreso de mulleres nas carreiras de enxeñería está en declive”

Soledad Torres Guijarro, profesora na UVigo, investiga na actualidade a contaminación acústica nos ecosistemas submarinos e como reducila

O solo pelviano, a musculatura esquecida: “Non somos conscientes de como se contrae”

A incontinencia urinaria ou a dor nas relacións sexuais son algúns dos síntomas derivados de non fortalecer esta parte do corpo