Martes 28 Novembro 2023

A Real Academia de Enxeñaría premia á investigadora da USC Sara González

A investigadora do Departamento de Enxeñaría Química Sara González García recibirá a vindeira semana, o próximo día 22, a Medalla Agustín de Betancourt y Molina, outorgada pola Real Academia de Enxeñaría Española na categoría de Investigadores Novos. Este é un recoñecemento dirixido a persoal investigador do ámbito da enxeñaría así como a profesionais novos que teñan realizado labores de innovación, achegas profesionais notorias ou obra singular en calquera dos ámbitos profesionais da enxeñaría española.

Sara González, unhas poucas mulleres premiadas da área de Enxeñaría Química na historia destes premios, pertence ao grupo de Enxeñaría Ambiental. Titulouse en Enxeñaría Química en 2005 e catro anos despois doutorouse coa tese ‘Environmental assessment of wood and non wood based products’, dirixida por Gumersindo Feijoo Costa e María Teresa Moreira Vilar. Realizou estadías en The Forestry Research Institute fo Sweden (Suecia), na Universidade de Leiden (Holanda), Imperial College Londom (Reino Unido) e Universidade de Aveiro (Portugal). É autora de 66 artigos en revistas internacionaus incluídas no Scientific Citation Index, conta cun índice h de 21 e un Research Gate Score de 36,31.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

X = Gciencia

A decana da facultade de Matemáticas da USC, Elena Vázquez Cendón, escribe un tribuna polo décimo aniversario do noso medio

Unha ponte entre a cidadanía e a ciencia

O reitor da Universidade de Santiago felicita a Gciencia polo seu décimo aniversario

O catedrático da USC Carlos Diéguez ingresa na Academia de Ciencias

O investigador galego é un referente mundial no estudo da obesidade e publicou máis de 500 traballos en revistas internacionais

As auroras boreais veranse en Galicia nos vindeiros meses

Rexistráronse tres episodios en apenas sete meses, mais as condicións atmosféricas impediron gozar do espectáculo