Xoves 30 Novembro 2023

A Escola de Minas da UVigo impartirá cursos sobre enerxía xeotérmica

Actividades formativas, talleres, congresos, feiras… a Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Minas e a Asociación Clúster da Xeotermia Galega continúan este curso coa súa alianza para converter a Galicia na referencia en enerxía xeotérmica. Fixérono coa posta en marcha dun novo curso, o primeiro dunha programación que se estenderá ao longo dos vindeiros meses polas catro provincias galegas. “É unha colaboración que mantemos desde fai anos, tanto en temas de formación como de difusión deste tipo de enerxía”, explica a directora da escola, Natalia Caparrini, que estivo acompañada na inauguración do curso polo presidente de Acluxega, José Santiago López-Guerra. Ambos aproveitaron o acto para subliñar que ambas institucións teñen un obxectivo común: potenciar o coñecemento e a utilización desta fonte de enerxía e posicionar a Galicia como referente no mercado español.

Á hora de cualificar este tipo de enerxía, producida pola calor contida no subsolo, os profesionais téñeno claro: renovable, limpa e barata. “O elevado potencial de Galicia neste tipo de enerxía está fóra de toda dúbida debido á alta condutividade térmica dos seus solos e, ademais, contamos tamén cun sector de expertos xa moi profesionalizado”, explica a directora da escola, que apunta que este tipo de enerxía pode ser no futuro parte importante do subministro enerxético deste país como xa o é doutros.

Coordinado por Pablo López Cisneros, director técnico de Enertres, empresa dedicada a estudos de proxectos e desenvolvemento de solucións técnicas en sistemas enerxéticos de enerxías renovables, o curso, presencial e de 15 horas de duración, vai dirixido a capacitar a diferentes tipos de profesionais na posta en marcha e mantemento das bombas de calor xeotérmicas. O programa estrutúrase en tres bloques temáticos: o primeiro sobre ciclo e compoñentes básicos das bombas de calor xeotérmicas; o segundo sobre a posta en marcha e información ao cliente, e o terceiro, sobre cuestións de mantemento e diagnóstico.

As actividades continuarán ao longo dos vindeiros meses con diferentes cursos, así como diversos talleres sobre xeotermia que se celebrarán nas catro provincias galegas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Os bioplásticos e polímeros sintéticos teñen realmente capacidade de biodegradación?

O proxecto Polbio nace para determinar se este proceso pode ter algún efecto tóxico en ambientes terrestres e acuáticos

Un método estatístico permite detectar por primeira vez que liñaxes celulares evolucionan máis rápido

O estudo, no que colabora a Universidade de Vigo, axudaría a identificar mutacións con incidencia en enfermidades como o cancro

“O ingreso de mulleres nas carreiras de enxeñería está en declive”

Soledad Torres Guijarro, profesora na UVigo, investiga na actualidade a contaminación acústica nos ecosistemas submarinos e como reducila

O solo pelviano, a musculatura esquecida: “Non somos conscientes de como se contrae”

A incontinencia urinaria ou a dor nas relacións sexuais son algúns dos síntomas derivados de non fortalecer esta parte do corpo