Martes 28 Novembro 2023

Un lategazo polar baixa drasticamente as temperaturas en Galicia

Os ventos de compoñente norte aumentarán a sensación térmica. As máximas en Lugo non superarán os 12 graos e os 13 na Coruña e Ourense

Despois de que a chuvia dese unha tregua tras máis de 30 días pasados por auga, esta pasada fin de semana os galegos puideron desfrutar dunhas xornadas de sol e temperaturas agradables. Os termómetros chegaron a marcar 20 e graos e, aínda que se agarda que a estabilidade atmosférica aguante toda a semana, a chegada dunha masa de aire frío fai caer drasticamente as temperaturas. Os ventos de compoñente norte aumentarán a sensación térmica que se empezará a notar dende este luns. O “lategazo polar” deixa unha situación máis propia para a época do ano, con máximas que non subirán dos 12 graos en Lugo ou 13 na Coruña e Ourense.

Galicia empezou a semana baixo a influencia das altas presións e será a partir do martes cando realmente se perciba a baixada das temperaturas en toda a comunidade. A masa de aire frío polar estenderase por todo o territorio peninsular e no noso territorio poderá deixar precipitacións na metade norte. Serán chuvias menos persistentes e moito menos intensas que os últimos episodios. No sur, os ceos estarán despexados. Os valores máis baixos de temperaturas estarán na montaña de Lugo e Ourense.

O mércores, Galicia estará de cheo baixo a influencia anticiclónica e haberá grandes constrastes de temperatura. O ceo presentará alternancia de nubes e claros, podendo chover no norte de Lugo. O vento soprará do norte, especialmente forte en Sisargas e Fisterra. É probable que en Ourense haxan xeadas. Neste senso, dende MeteoGalicia apuntan que se producirán “fortes contrastes de temperatura”. Pontevedra, por exemplo, amencerá o xoves con 9 graos pero poderá chegar aos 20 ao longo do día. En Lugo e Ourense as mínimas caen pero as máximas manteranse arredor dos 15 e 16 graos.

Agárdanse bancos de néboas matinais en zonas do interior que terminarán por deixar os ceos despexados. De cara a vindeira fin de semana, Galicia continuará baixo a influencia do anticiclón que deixará ventos do noroeste e do oeste. De maneira que a probabilidade de precipitación será moi baixa e as temperaturas continuarán en descenso, dacordo cos valores propios de novembro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un tren de borrascas trae máis chuvia e frío a Galicia esta semana

O mércores poderán acadarse os 40 litros en 12 horas. As temperaturas experimentan un descenso e os ventos non soprarán tan fortes como con Domingos

Un río atmosférico pon fin á calor en Galicia: caen as temperaturas e actívase a alerta por chuvia

O clima outonal inaugúrase este venres pola entrada dun centro de baixas presións que baixará as máximas ata sete graos

76 concellos galegos baten récord histórico de temperaturas

O 40% das estacións meteorolóxicas de Galicia superaron as marcas esta pasada fin de semana. En nove días, é xa o segundo récord de outubro

Unha masa de aire subtropical elevará os termómetros ata os 33 graos en Galicia

Tralo 'Verán de San Miguel' as temperaturas volven subir en toda a comunidade. As provincias con máis calor serán Ourense e Pontevedra