Xoves 30 Novembro 2023

Galicia cóbrese de nubes de fume procedente dos incendios de Canadá

As partículas non constitúen un perigo para as persoas xa que se concentran nas capas altas da atmosfera e disiparanse de cara ao mércores

O fume dos incendios forestais que asolan Canadá está chegando a Galicia e xa pode apreciarse nos ceos. As concentracións destas partículas sitúanse na capa alta da atmosfera e de momento, Meteogalicia informa de que a calidade do aire en superficie é boa. Co cal, estes contaminantes non constitúen un perigo para a saúde das persoas. O luns e o martes serán os días con máis concentracións de fume e a masa de aire disiparase de cara a xornada do mércores.

Meteogalicia informou a última hora do domingo da chegada do fume dos lumes que levan semanas calcinando Canadá. “Na imaxe do satélite pódese distinguir, ademáis das nubes de tormenta sobre a Península e as brétemas costeiras do Cantábrico, unha banda entrando polo noroeste de Galicia. Trátase de fume con orixe nos incendios de Canadá”, afirmou. E é que os ceos de Galicia deberían contemplarse completamente azuis, con todo, están tinguidos dun ton grisáceo.

Esta masa de fume provén das máis de 5,2 millóns de hectáreas queimadas en Canadá, segundos os últimos datos aportados polo país, con máis de 400 focos repartidos en diferentes puntos e unhas 32.000 persoas evacuadas. Dende o comezo deste desastre medioambiental, os lumes deixaron imaxes tan impactantes como os ceos laranxas de Nova York. Meteogalicia explica que “o fume eleva nubes moi altas que dispensan pouca luz, a modo de calixe. É un ambiente turbio en niveis altos da atmosfera que non depositan partículas en superficie”.

A estabilidade atmosférica asentouse en Galicia dende o pasado 21 de xuño co comezo do verán e nestes momentos o ceo está limpo de nubes no 90% do territorio. Con todo, os expertos informaron hai días da posible chegada das partículas dos lumes de Canadá. Dende AEMET Galicia afirman que o fenómeno aparece a modo de “banda nubrada de aspecto difuso”. En Meteogalicia non identificaron ningunha alteración na calidade do aire dende a súa aparición, só o sábado, mais tivo a súa orixe nas fogueiras de San Xoán a noite anterior.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A UVigo axudará a rexenerar as pradarías submarinas da ría de Aveiro

Este proxecto europeo basearase na maricultura para apoiar as necesidades de plantas e sementes para a súa reintrodución

Un equipo da UVigo avalía o posible impacto da inxección de aerosois na atmosfera para contrarrestar o cambio climático

Os investigadores galegos aseguran que a técnica reduciría a cantidade de enerxía solar que chega á superficie e reduciría a temperatura

Os bioplásticos e polímeros sintéticos teñen realmente capacidade de biodegradación?

O proxecto Polbio nace para determinar se este proceso pode ter algún efecto tóxico en ambientes terrestres e acuáticos

Os plásticos dos ríos poden albergar patóxenos e xenes de resistencia aos antibióticos

Un estudo internacional alerta que o material degradado sería o que aloxa maior abundancia de comunidades microbianas