Xoves 30 Novembro 2023

Visións: unha viaxe na Domus cara ao interior do ollo humano

O museo coruñés mantén aberta ata o vindeiro 15 de setembro unha exposición de fotografías realizada polo Centro Cirúrgico de Coimbra

As miradas falan, sen dúbida. Pero o interior de cada ollo humano tamén pode achegar información moi interesante para comprender a nosa a anatomía, cos seus moitos acertos e pequenos erros que aparecen ás veces. Desta idea parte a exposición Visións, impulsada polo Centro Cirúrgico de Coimbra, e que mestura arte e ciencia ata facelas indistinguibles. A mostra poderá gozarse ata o vindeiro 15 de setembro na Domus da Coruña.

Tal e como explica a organización da mostra, “Visións” reúne un conxunto de 30 fotografías reais, captadas no interior do ollo humano, que se acaban por revelar como un gran instrumento de comunicación entre a arte e a ciencia; historias de éxito da medicina e a oftalmoloxía, ás que tamén contribuíron ciencias como a matemática, a arquitectura, a enxeñaría e a física. Nestas imaxes poden verse trazas do ADN que herda cada persoa, das lesións que teñen que afrontar e outros trazos destacados do sistema que fai posible que vexamos o mundo que nos rodea todos os días.

Entre estez exemplos atópanse unha catarata conxénita, depósitos de calcio na lente intraocular, a neovascularización do iris como consecuencia da diabete, a estuctura do iris ou a retina vista ao detalle empregando diversas técnicas ópticas.

Alén das fotografías, “Visións” tamén inclúe unha explicación, de forma sinxela, de como somos quen de percibir a luz e as diversas cores, do funcionamento da retina e da interpretación que o cerebro fai dos seus sinais.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

00:05:26

Gciencia fai 10 anos

O portal da ciencia culmina dez días de celebracións polo seu décimo aniversario

Máis xornalismo e máis divulgación

Editorial de Gciencia polo seu décimo aniversario

Exposicións, obradoiros, rutas e premios: as outras actividades divulgativas de Gciencia

O portal da ciencia galega emprendeu ao largo da súa traxectoria numerosas actividades para sacar a divulgación á rúa

José Tubío: “Os científicos deberían saír á rúa como antes facían os predicadores”

O investigador aposta por crear departamentos de divulgación científica, converter a España nun país sen fume e priorizar o cambio climático polo seu impacto na saúde