Xoves 30 Novembro 2023

‘Raciño’ volve ó mar

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas puxo en marcha hoxe a operación de liberación para devolver ó seu hábitat o lobo mariño Raciño, tras a súa recuperación desde o mes de xaneiro no Instituto Galego de Formación en Acuicultura (IGAFA) da illa de Arousa. Estes traballos son desenvolvidos pola Dirección Xeral de Conservación da Natureza, a través do servizo de asistencia á fauna mariña ameazada do CEMMA (Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños) que permite xestionar a Rede de Varamentos de mamíferos e réptiles mariños de Galicia.

O mamífero mariño foi embarcado esta mañá no porto de Marín e trasladado ata a zona do Gran Sol a bordo do barco Ferreira Martínez. A liberación terá lugar 48 horas despois nas augas internacionais da zona sur de Irlanda.

A facilidade de embarque destes animais nos portos galegos, debido á existencia de arrastreiros que pescan no Gran Sol, permite o apoio ás redes de varamentos asturiana e portuguesa. Esta tempada está sendo especialmente intensa na recuperación e liberación dos lobos mariños, unha das especies máis castigadas este ano polos varamentos producidos a causa dos numerosos temporais. En total, xa  se rexistraron máis de 30 entre exemplares varados ou capturados mortos e observados vivos, unha cifra moito maior que en anos anteriores, co máximo de 13 no ano 2006. Do total desta última tempada, tres exemplares recollidos para a súa recuperación non sobreviviron, mentres que dous  puideron recuperarse e ser liberados (ademais de Raciño, foi recuperado outro exemplar chamado Morouzos, recollido en Ortigueira e liberado o pasado xoves día 13 desde o porto de Celeiro coa colaboración do barco Anxuela).

A historia de ‘Raciño’

O pasado 8 de xaneiro foi localizado, varado na praia de Razo, en Carballo, este lobo mariño cincento, que foi trasladado por persoal da CEMMA á unidade de coidados intensivos de NigránRaciño tivo que ser ingresado para a súa recuperación en medio artificial controlado, pois presentaba unhas lesións incisas por todo o corpo motivo dun ataque doutro lobo mariño ou dun can, segundo informou a Xunta.

A previsión inicial era o mantemento da primeira fase da recuperación en Nigrán e a segunda, nas instalacións do Instituto Galego de Formación en Acuicultura (IGAFA), na Illa de Arousa, ata onde foi trasladado na terceira semana de recuperación, o 27 de xaneiro. Un retroceso no proceso, a causa dunha infección ocular, motivou a retirada da piscina, o 5 de febreiro, e a volta á Nigrán, ata que remitiu e o animal puido voltar á pisicina do IGAFA. Isto causou certo retraso no tempo de recuperación, mais garantiu o bo estado do exemplar.

No IGAFA, púxose en marcha un programa de voluntariado, integrado nas propias actividades do alumnado, que asistiu diariamente ao lobo mariño, estando dirixido en todo momento polo equipo veterinario da CEMMA.

A recuperación e liberación de Raciño suscitou un grande interese cidadán e mediático. Hoxe, foi obxecto dun amplo seguimento dos medios de comunicación galegos. Velaquí as imaxes — cortesía da CEMMA— das súas últimas horas en Galicia e da súa partida rumbo ó Gran Sol.

[wzslider autoplay=”true” interval=”4000″ height=”500″ lightbox=”true”]

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

As candorcas volverán esta semana a Galicia

Os expertos confirman o avistamento de 'Orcinus orca' á altura de Braga, polo que se prevé a súa entrada nas Rías Baixas nos próximos días

Récord de varamentos en Galicia: máis de 80 cetáceos só no mes de xullo

Os expertos non atopan unha explicación clara pero cren que se pode deber á maior presenza de golfiños comúns preto da costa

Gael e Prior: as candorcas que entraron na ría de Arousa nunca interaccionaron con barcos

Son dous exemplares irmáns de dez e seis anos de idade que, segundo os expertos, teñen "un carácter tranquilo e pacífico"

A temperatura do mar, entre as posibles causas da aparición de carabelas portuguesas en Galicia

Estes organismos con apariencia de medusa foron detectados en múltiples areais e picaron a varias persoas