Xoves 30 Novembro 2023

Crean mexillóns máis resistentes ás mareas vermellas

Os danos causados polas mareas vermellas nas rías galegas poderían reducirse en gran medida despois do achado dun grupo de investigadores, entre os que están científicos da facultade de Veterinaria de Lugo e do Centro de Investigacións Mariñas (CIMA) de Vilanova de Arousa. No marco do proxecto Epitox, os científicos descubriron que é posible crear mexillóns que acumulen menos toxinas ou, polo menos, reducilas a niveis inferiores aos prexudiciais para a saúde humana.

[box size=”large”]Combináronse sementes silvestres coas producidas en criadeiros para estudar a herdabilidade[/box]

O traballo, publicado na revista Aquaculture, explica que é posible reducir o impacto das toxinas complementando ou reemplazando a semente silvestre coa producida nun criadeiro. Na investigación, coordinada polo CIMA de Vilanova, tamén participaron os científicos do departamento de Xenética da Facultade de Veterinaria da USC Ania Pino, José María Álvarez, Jorge Guerra, Manuel Vera, Belén G. Pardo e Paulino Martínez e Juan Blanco e José Fuentes, do CIMA.

“Para saber se é posible desenvolver un programa de selección xenética que permita conseguir unha estirpe que non acumule toxina hai que saber que se deixas como reprodutores a mexillóns que acumulan pouca toxina, os seus fillos tamén acumularán pouco. Isto só é posible se o valor da herdabilidade é substancial”, explica á Axencia SINC Miguel Ángel Toro, investigador da Politécnica de Madrid que tamén participou no traballo.

Así, estimouse “a herdabilidade e as correlacións (xenéticas e fenotípicas) para a concentración de toxinas tanto despois dun episodio tóxico relacionado coa toxina diarreica principal, como despois dun período de depuración en instalacións interiores“. Posteriormente, “aproveitamos o deseño experimental para estimar os mesmos parámetros para outros rasgos relevantes para a produción de mexillón, como o crecemento e a cor“, conta Toro.

Resultados

Os resultados obtidos amosaron que as herdabilidades foron moderadas pero significativas, tanto despois dos períodos de acumulación como os de depuración, o que sinalaba a posibilidade de reducir a concentración de toxinas a través de programa de mellora xenética en mexillóns.

[box size=”large”]Os mexillóns máis grandes e máis brancos parecen acumular menos toxinas[/box]

Nas análises sobre o crecemento tamén se viron herdabilidades moderadas. E a cor amosou tamén unha transmisión moi alta deste patrón de pais a fillos, o que os converte nun candidato moi axeitado para a selección en función das demandas de produtores e consumidores. Como curiosidade, cabe sinalar que os trazos relacionados co crecemento amosaban correlacións xenéticas e fenotípicas negativas coa concentración de toxinas, mentres que os de cor resultaron positivos. Por tanto, conclúese que os mexillóns máis grandes e máis brancos parecen acumular menos toxinas.

“O estudo respalda a viabilidade dos programas de mellora para afrontar os principais problemas da industria do mexillón, pero este enfoque determinará un cambio na produción de semente, cambiando ou complementando a silvestre coa que se produce nos criadeiros”, conclúe Miguel Ángel Toro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo identifica na ría de Vigo patóxenos cun impacto “crucial” para a acuicultura e a biodiversidade mariña

Os investigadores atoparon bacterias, organismos eucariotas, especies invasoras e os cambios estacionais de abundancia

Os mexillóns liberan células inmunes fóra do seu corpo en resposta a lesións e infeccións

Os hemocitos libres poden constituír a primeira liña de defensa e estender o sistema de alerta inmunolóxica do molusco

Un equipo da USC vincula os produtos cárnicos con infeccións no tracto urinario

O estudo demostra que os animais destinados á produción de alimentos poden ser unha fonte de cepas bacterianas que causen doenzas extraintestinais

O conflito entre percebeiros e mexilloeiros: “O problema real está na falta de calcio na ría”

O biólogo José Pelayo explica que este composto é indispensable para a cría de mexillón e a súa supervivencia