Martes 28 Novembro 2023

Premio para unha obra sobre Rof Codina, renovador da veterinaria en Galicia

Un libro que bota luz sobre aspectos ata agora ocultos da figura de Rof Codina (1874‐1967), esencial para a veterinaria española do século XX, resultou gañador da segunda edición do Premio Jesús García Calvo que convocan o Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (Idega) da Universidade de Santiago e a Fundación Feiraco para recoñecer investigacións que contribúan ao coñecemento e ao desenvolvemento do medio rural e o cooperativismo en Galicia.

Portada da obra premiada, editada por Xerais
Portada da obra premiada, editada por Xerais

As virtudes de Juan Rof Codina. Renovación na veterinaria e gandería galega contemporánea, publicado en 2015 por Diego Conde Gómez en Xerais, pasan, segundo o xurado, pola singular combinación da metodoloxía histórica– o autor é colaborador do grupo de investigación Histagra– e a formación como veterinario do autor. Así mesmo, saliéntase a relevancia do estudo para comprender o pulo modernizador que a agricultura e o medio rural de Galicia experimentaron no primeiro terzo do século XX.

No libro Diego Conde Gómez fai un percorrido sobre as transformacións que durante ese período se levaron a cabo na gandaría e veterinaria galega da man do que foi un dos seus principais promotores, Juan Rof Codina, que co seu labor pedagóxico soubo canalizar as inquedanzas de renovación que agromaban no ámbito agropecuario e reivindicar o papel protagonista que a profesión veterinaria demandaba para a súa dignificación, xogando un papel protagonista no artellamento do corporativismo profesional galego.

[box size=”large”]O premio está dedicado a investigacións sobre o medio rural e o cooperativismo galego[/box]

O xurado tamén destacou, asimesmo, o traballo Action research for tourism planning in rural areas? Examining an experience from the Couto Mixto (Galicia, Spain)presentado por Valerià Paul Carril, Juan Manuel Trillo Santamaría e Paula Pérez Costas.

Na modalidade de tese de doutoramento o xurado premiou o estudo Análisis y tipificación de explotaciones de bovino de carne en Galicia mediante un método de control basado en lógica difusa, de Álvaro García Corral, pola orixinalidade da aplicación da lóxica difusa á caracterización dun sector de actividade agro-gandeiro, pero tamén a utilización dunha fonte de datos de carácter administrativo ata o momento de escaso uso en investigacións.
Este estudo centrouse na creación dunha aplicación informática que simula o razoamento dun experto, baseándose na lóxica difusa e os conxuntos borrosos, que pode ser utilizada como ferramenta de apoio na toma de decisións. A información sectorial utilizada obtívose de explotacións acollidas aos Contratos de Explotacións Sustentables e agregada en diferentes indicadores que foron sometidos a unha análise exploratoria.

[box size=”large”]Na modalidade de tese, o xurado premiou un sistema de tipificación de explotacións gandeiras[/box]

De aí fíxose unha tipificación das explotacións en tres grupos: o primeiro agrupa unha cuarta parte das unidades produtivas, que corresponde ás menos competitivas, caracterizadas por un grao de profesionalización moi baixo, unha baixa rendibilidade e dependencia de apoio público; o segundo, composto por un terzo delas, apenas alcanza viabilidade económica; e o terceiro, que concentra o 43 %, está formado por explotacións que poden competir por consumos intermedios con outras unidades produtivas, soportar o custo laboral dun traballador a tempo completo e ser a actividade principal na renda familiar.

Xa na modalidade de traballos de fin de grado ou mestrado conseguiu o premio o asinado por Diego Fernando Avendaño Cantor titulado Programas agroambientales e impacto territorial en la provincia de Lugo-Galicia, que ofrece unha avaliación dos programas agroambientais usando información orixinal procedente das explotacións sometidas a un Contrato de Explotación Sustentable. Aínda que o seu ámbito é limitado, o método permitiría a súa extensión ao conxunto de Galicia.

Nesta modalidade, o xurado destacou os méritos do traballo finalista Formas de resistencia ao franquismo: o caso do estraperlo en Tomiño, presentado por Natalia Jorge Pereira.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Os ataques ao patrimonio agroman nas Rías Baixas: escalan a Torre de San Sadurniño, do século IX

Dous turistas ruben polas ruínas da construción, un dos maiores tesouros da vila de Cambados

As mulleres cazaban con maior variedade de armas e ían á guerra con mellores estratexias

Un estudo científico desmonta o mito de que só eles realizaban estas tarefas e que elas quedaban relegadas á recollida de raíces e froitos

A Doñana de Galicia: como os regadíos na Limia secan os ríos dende hai 25 anos

A extracción de augas subterráneas para as plantacións impacta na biodiversidade da comarca, con especies en perigo de extinción

Os hórreos, candidatos a converterse en patrimonio inmaterial da Unesco

Varias asociacións culturais de Galicia, Asturias, León, Cantabria, País Vasco, Navarra...