Mércores 29 Novembro 2023

Así é a carreira de obstáculos para dedicarse á investigación en Galicia

O colectivo Investigal resume en pouco máis de tres minutos as complicacións ás que se afrontan as persoas que intentan consolidar a carreira científica

Algunha vez te preguntaches como se chega a ser investigador ou investigadora en Galicia? A Rede Galega pola Investigación (Investigal), difundiu este domingo un vídeo de pouco máis de tres minutos no que dá resposta á cuestión e, con ela, expón os obstáculos aos que se enfrontan os científicos e científicas no país debido á falta de iniciativas de estabilización unha vez se superan as primeiras etapas da carreira.

Desde o comezo na etapa predoutoral, co desenvolvemento da tese, seguida da etapa posterior, na que os e as científicas realizan estadías noutros países, traballando con outros grupos e ampliando as súas colaboracións. Tal e como incide Investigal, unha vez superada esta fase chega a procura da estabilización, coa fases de establecemento e consolidación, onde as persoas que se manteñan na carreira deberán buscar achegas e apoios para liderar os seus propios proxectos.

Incerteza e falta de continuidade

Porén, como apunta a rede, “a realidade adoita ser moito máis complexa”, xa que “o salto entre etapas non se produce con continuidade”. Engaden que “o sistema vai deixando xente polo camiño, un efecto que sofren especialmente ás mulleres“. Ante a falta de políticas de I+D para integrar a parte das persoas doutoradas en Galicia no sector público e privado, prodúcese unha “fuga de cerebros”, cunha “inversión enorme que non repercute como debera no progreso do país”.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

José Tubío: “Os científicos deberían saír á rúa como antes facían os predicadores”

O investigador aposta por crear departamentos de divulgación científica, converter a España nun país sen fume e priorizar o cambio climático polo seu impacto na saúde

Os retos do coñecemento

Artigo do reitor da Universidade de Vigo con motivo do décimo aniversario de Gciencia

Para que divulgar ciencia e, ademais, en galego?

Nunha charla sobre a mina de ouro de Corcoesto decateime de que a mellor maneira de chegar ao público era a través do exemplo

Boas novas para a ciencia galega

O nacemento de Gciencia hai 10 anos, unha iniciativa novidosa, ambiciosa,...