Xoves 30 Novembro 2023

VÍDEO. Así corusca a ardora no mar de Carnota

O fenómeno da bioluminiscencia, documentado esta fin de semana en en fotografías e vídeos na gran praia carnotá

O espectáculo da ardora alumea o mar na praia de Carnota neste vídeo publicado por Fins Eirexas, que tamén tomou unha espectacular foto.

A ardora é un fenómeno natural de bioluminiscencia, polo que o mar corusca cunha luz procedente de bacterias como a Vibrio harveyi, asociadas ás algas e ó plancto.

A espectacular foto publicada por Fins Eirexas.

Popularmente coñecida polos mariñeiros, a ardora chegou á literatura a través de Xulio Verne, na súa obra ‘20.000 leguas baixo dos mares’, onde describiou o fenómeno deste mar prendido de luz, pero non foi ata o ano 1915 cando os científicos comezaron a estudar o efecto, que hoxe está perfectamente documentado, aínda que segue a marabillar a quen o contempla especialmente en noites de verán como estas.

1 comentario

  1. Já vivi este espetáculo, em uma noite no litoral do Ceará-Brasil, foi tão fascinante, tão maravilhoso que chorei de emoção. Mergulhei e meu corpo ficou brilhante, como o mar.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia e Portugal alíanse para promover a dieta atlántica

Un observatorio promocionará os seus beneficios para a saúde e o desenvolvemento económico sostible na eurorrexión

Cambio radical no tempo en Galicia: volve a chuvia e baixan drasticamente as temperaturas

A partir do xoves caen os termómetros pola chegada dunha masa de aire frío polar. Na segunda metade da semana as precipitacións serán menos abundantes

Soengas: “Temos que facer pedagoxía coas novas xeracións porque ven un lado bastante negativo da ciencia”

A bióloga molecular analiza os retos que afronta a investigación oncolóxica en Galicia

Estes son os 10 cogomelos máis raros que podes atopar en Galicia

Pola súa forma, ou polo seu tamaño, incluso os hai que brillan na escuridade. Recompilamos as especies máis peculiares dos montes galegos