Martes 28 Novembro 2023

Este monumento na Lúa segue emocionando 50 anos despois

Depositado en segredo durante a misión Apolo 15, é a obra de arte máis afastada do ser humano

Na Lúa neste momento, atópase unha escultura de aluminio dun astronauta cunha fermosa mensaxe. Esta pequena obra de arte leva por título “O astronauta caído” e foi colocada alí polo comandante do Apolo 15, David Scott, o 1 de agosto de 1971 para conmemorar a todos os humanos que morreron na exploración espacial.

A pequena figura atópase xunto a unha placa que enumera aos 14 astronautas e cosmonautas que morreran ata aquela data. Este monumento ten tan só 8,5 centímetros de altura e foi deseñado por Paul van Hoeydonck, un artista belga cuxo traballo nese momento estaba representado na Galería Waddell en Nova York.

A directora da galería, Louise Tolliver Deutschman, tivo a idea de levar a arte ao espazo. Como escribiría posteriormente: “Non parei ata que atopei un camiño”.

O proxecto realizouse en segredo, e non foi ata o regreso da misión Apolo 15 que se revelou a existencia da escultura. Pero o artista Van Hoeydonck protestou máis tarde, porque non sabía que a súa estatua se usaría para conmemorar aos astronautas. Tamén estaba en desacordo co nome que lle deran á súa obra: O Astronauta Caído. Finalmente, tamén se queixou de que o pequeno boneco de aluminio aparece tirado, e non ergueito sobre a superficie da Lúa.

O monumento a todo plano.

Ademais da controversia co artista, a acción tivo tamén consecuencias políticas. O astronauta Scott foi obxecto dunha investigación por parte do Congreso dos Estados Unidos, baixo a acusación de ter aproveitado un programa público para favorecer a unha galería de arte privada. De feito, a Galería Waddell declarouse en quebra tres anos máis tarde, en plena polémica pola súa escultura.

A pesar de todo isto, a estatua e a súa mensaxe seguen a ser incriblemente fermosos, case cinco décadas máis tarde. Porque é a obra de arte máis afastada do ser humano, situada a unha distancia de 384,000 quilómetros sobre a superficie da Lúa.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Begoña Vila: “Atoparemos probabilidades de vida noutro planeta”

Co gallo do décimo aniversario de Gciencia, a astrofísica da NASA analiza a divulgación dos achados cósmicos e a busca de vida intelixente

Como ver a Estación Espacial Internacional dende a túa casa? Aquí podes comprobalo

Unha ferramenta da NASA permitirá saber a súa posición en tempo real, así como recibir avisos do seu próximo avistamento na túa localidade

Un equipo de Vigo busca solucións para colonizar a Lúa

Xunto con investigadores de Oviedo, realizaron ensaios nas covas volcánicas de Lanzarote pola sús analoxía coas cavidades lunares

Cinco asteroides pasarán preto da Terra en apenas 24 horas

A NASA confirma que ningún deles é potencialmente perigoso, pese a que pasarán a menos de 7,5 millóns de quilómetros do planeta