Estas fotos tomadas esta semana amosan que o oso pardo está de volta ás montañas dos Ancares. As pegadas na neve do plantígrado foron captadas por un montañeiro nunha zona dos Ancares galegos que non sinalamos para favorecer a súa protección.
A “boa evolución” do oso pardo no núcleo occidental cantábrico está a permitir a súa expansión cara ao oeste polas serras lucenses de Ancares e Ou Courel, territorios incluídos na Rede Natura 2000 polos seus valores naturais.
De feito, a Fundación Oso Pardo traballa para concienciar sobre a importancia do asentamento do oso en Galicia, dentro do programa Life. Porque nos Ancares hai anos que hai “presenza consolidada” de osos, e no Courel tamén é cada día máis frecuente a observación de exemplares. Life organizou actos de información nos municipios de Folgoso do Courel, Quiroga, Samos, Triacastela, As Nogais e Pedrafita do Cebreiro. E, na Serra de Ancares, nos concellos de Becerreá, Cervantes e Navia de Suarna.
Aínda que non está realizado un censo exacto, a Fundación calcula que na Cordilleira Cantábrica hai unha poboación por riba dos 250 exemplares e que en Pireneos hai outros 40.