Xoves 30 Novembro 2023

O 99% da poboación da Terra acaba de estar ao mesmo tempo á luz do Sol

Desde fai algo máis dunha semana, os días están a diminuír na latitude na que se atopa Galicia. Despois de que arredor do solsticio de verán, a inclinación no eixe da Terra provocase, como todos os anos, que anoitecese antes no Río de Janeiro ca na costa galega, este 8 de xullo ao mediodía produciuse un feito pouco habitual no planeta.

Arredor das 11.15 UTC (tempo universal coordinado), que no horario de verán se corresponden coas 13.15 na hora central europea, o Sol alumeaba a arredor do 99% da poboación mundial. A noite caeu en practicamente todo o Océano Pacífico, e apenas quedaban na escuridade en terra firme a meirande parte de Oceanía, a illa de Nova Guinea e a parte oriental de Indonesia, alén doutros arquipélagos pertencentes a diversos países.

Deste xeito, mentres que os últimos raios do solpor despedían o día no Xapón, Filipinas ou Indonesia, as primeiras raiolas do día emerxían na costa oeste dos Estados Unidos. A situación xa se está a producir desde o solsticio, pero foi hoxe cando nas redes sociais e en foros como Reddit se destacou esta curiosidade.

Este acontecemento pode constatarse ao observar o mapa da densidade de poboación no mundo, unha visualización desenvolvida polo experto Alasdair Rae. Podes vela a maior resolución nesta ligazón.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Cinco asteroides pasarán preto da Terra en apenas 24 horas

A NASA confirma que ningún deles é potencialmente perigoso, pese a que pasarán a menos de 7,5 millóns de quilómetros do planeta

O eixo da Terra inclínase case 80 centímetros pola extracción de auga subterránea

A redistribución humana da auga existente baixo a superficie terrestre provoca que o planeta se desvíe máis do normal

Alerxias ao sol: que as provoca e como actuar

O sol non sempre é beneficioso, sobre todo cando a nosa pel xa non está acostumbrada a expoñerse a el

Estes foron os primeiros animais da Terra

As medusas crearon a primeira liñaxe, séguenlle as esponxas e posteriormente, a diversificación de todos os animais