Martes 28 Novembro 2023

Que linguas contribuíron o galego? Unha historia de 2.000 anos en tan só 30 segundos

Un vídeo resume a evolución dos idiomas en Europa dende o século V a.C. ata o século XIV

Poboacións de toda Europa fóronse estendendo polo territorio do que hoxe é Galicia co devir dos séculos. A evolución, expansión e interacción das linguas que falaban estes individuos tamén se estendían polo territorio ata conformar os diferentes idiomas que coñecemos hoxe. Cales influíron no galego? Un vídeo colgado na rede social X (antes Twitter) permite repasar unha historia de 2.000 anos en tan só 30 segundos. O usuario Xavi Ruiz subiu un audiovisual onde as linguas, diferenciadas por cores, se van expandindo por todo o territorio europeo dende o século V a.C. ata o século XIV.

En atención ao vídeo, a “expansión celta” cobre todo o territorio actual galego no século II a.C. e vaise estendendo por boa parte da península. Os romanos chegan un século despois e permaneceran impertérritos ata que os xermanos pisan estas terras no século V. A seguinte influencia virá marcada pola expansión islámica en case toda a península. Finalmente, lembrar que este vídeo naceu co gallo do Día Europeo das Linguas, que se celebra anualmente o 26 de setembro.

  1. Non sendo unha lingua, o sotaque goetha no latin que trouxeron os godos sería o que mais influiu ó galego tradicional, co seu seseo e a súa gheada e as súas moreas de aperturas vogálicas. Aínda que certos catedráticos se emperrenchen en tapar os ollos e afirmar as hipótesis, xa negadas pola ciencia, do Martin Sarmiento e outras figuras ilustres.

    • Boa tarde: na minha vida tal ouvim. A gheada e gueada som claramente pola interferência castelhana. No q respeita ao sesseio, pois nem sei, vou pesquisar já sobre o godo. Estranha, de todos os jeitos (pois ainda q acho q devia ser prescritivo na pronuncia do galego), porque si acontece no català, português ou mesmo a variedade andaluza, … e essa influência gotica nom saia nos meus estudos. Inda q vou aprofundar. Saúde!

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Máis xornalismo e máis divulgación

Editorial de Gciencia polo seu décimo aniversario

Altofalantes da lingua e da ciencia

Estimados colegas e amigos de Gciencia: Antes de nada, gustaríame darvos os...

A importancia de divulgar ciencia en galego

"Os xornais dedicados á divulgación, como GCiencia, permiten que moitos coñecementos sexan rigorosamente contrastados e alcanzables ao público"

Para que divulgar ciencia e, ademais, en galego?

Nunha charla sobre a mina de ouro de Corcoesto decateime de que a mellor maneira de chegar ao público era a través do exemplo