Martes 28 Novembro 2023

Como crear un mapa artístico da túa cidade? Faino con esta aplicación

A ferramenta City Roads deseña unha imaxe vectorial do lugar no que vives e na que aparecen representadas todas as rúas e avenidas

A túa cidade é un labirinto de rúas, avenidas e camiños sen saída. Algunhas son estreitas e apenas transitadas; outras moitas están masificadas polo balbordo do tráfico e dos transeúntes que entran e saen dos seus traballos. Non imaxinas que este caos que ás veces engule os espazos urbanos tamén pode ter certa beleza se o miramos dende o alto. Iso é o que nos permite a aplicación City Roads: compoñer unha imaxe artística da túa cidade, baseándose exclusivamente nas estradas que serpean polo lugar no que vives. O resultado roza o artístico e non deixa de ser unha estampa curiosa e ben fácil de enmarcar.

O uso da aplicación é moi doado. Clicando nesta ligazón entras nunha interface moi sinxela que ten un buscador. Aí introduces o nome da cidade ou lugar no que vivas e automaticamente xera un mapa das estradas que cruzan o espazo urbano escollido. O que consegue esta ferramenta é descargar un plano da cidade en cuestión a través de Open Street Map e crear unha imaxe vectorial, que é a que che ofrece a ti como usuario. No botón de arriba á esquerda déixache personalizar o contido e variar a cor do fondo e das liñas que surcan o mapa, así como o nome da cidade. Finalmente, podes descargar a imaxe no formato escollido.

A continuación, podes consultar os planos das sete cidades galegas:

  • Mapa da cidade de Ferrol.
  • Mapa da cidade da Coruña.
  • Mapa da cidade de Santiago de Compostela.
  • Mapa da cidade de Pontevedra.
  • O mapa da cidade de Vigo con todas as estradas urbanas.
  • Mapa da cidade de Lugo.
  • Mapa da cidade de Ourense.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Así son os mapas en 3D de densidade de poboación de Galicia

O xornalista Miguel Rodríguez decidiu facer os deseños a partir dos datos proporcionados polo Instituto Galego de Estatística (IGE)

De onde proceden os turistas de España? Descóbreo neste mapa interactivo

Este gráfico elaborado por Dominic Royé amosa que as visitas de Reino Unido, Francia, Alemaña e Países Baixos son as máis frecuentes

A Coruña é a provincia con máis xeodestinos de Galicia

A actualización do mapa desta áreas turísticas destacadas suma 12 novos destinos e xa está integrado por un total de 26

Así cambiaron as catro capitais galegas nos últimos 100 anos

O Instituto Geográfico Nacional compila mapas históricos do país grazas a "España Regional", un atlas publicado en 1910