“A miña nai é tatexa,/ o meu pai é cantador;/ teño branco o meu vestido/ e marelo o corazón”…
Que é?
Pois está moi claro (amosa un ovo): Un ovo!
Imos ao dicionario: Ovo: Corpo que contén a célula ovo e as substancias necesarias para a súa nutrición durante o período de incubación.